Unha representación de asociacións culturais e educativas de toda Galicia presentaron no Rexistro do Concello de Cangas a iniciativa impulsada pola Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) para que o auditorio municipal cangués pase a chamarse Auditorio Municipal de Cangas “Xosé Manuel Pazos Varela”, en lembranza e homenaxe ao compromiso coa cultura e o esforzo realizado polo recentemente falecido alcalde de Cangas para que esta infraestrutura, esencial para o desenvolvemento da vila, fose unha realidade.
Desde a organización da MITCFC agradecen o grande apoio recibido por parte das asociacións e entidades culturais, sociais e do eido da educación que non dubidaron en sumarse a esta petición. “Desde o principio vimos arroupada a nosa reivindicación para que Cangas nunca esqueza a importancia de Xosé Manuel Pazos Varela en favor do mundo da cultura no desempeño de todos os cargos que ocupou”, desde a política municipal e tamén como deputado autonómico.
Os colectivos que asinan a iniciativa para que o Auditorio, inaugurado a finais de 2001, leve o nome do alcalde, falecido o 25 de xaneiro deste ano, son: a Academia Galega de Teatro, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Arca de Vilanova, a Asociación Cultural ‘A Cepa’, a Asociación Cultural ‘A Pipa’, a Asociación Cultural ‘Belas Artes’ de Cangas, a Asociación Cultural ‘Charaviscas’, a Asociación Cultural ‘Entrebambalinas- Revista Galega de Teatro’, a Asociación Cultural Folclórica ‘Tromentelo’, a Asociación Cultural ‘Lembranzas da Ría’, a Asociación Cultural ‘Peis D’hos’, a Asociación Cultural ‘Xirix’, a Asociación Coral ‘Lestonnac’, a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico – (Adicam), a Asociación ‘Doa’ de Saúde Mental, a Asociación Galega de Dramaturxia (Dramaturga), a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a Asociación Juan XXIII, A Asociación Mulleres de Moaña, a Asociación Nais e Pais do Conservatorio e da Escola de Música de Cangas, a Asociación Pais e Nais de Persoas con Discapacidade do Morrazo (Aspansim), a Asociación Xubilados Santiiago, a Fundación Casa Museo “A Mangallona’, O Grupo de Danzas Pais de San Roque, o grupo de investigación lingüística e de literaria galega ‘Illa’ da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña e Teatro de Ningures.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
La recién Orquestra da UVigo sigue creciendo y ofrecerá un nuevo concierto gratis. Todo, con un variado repertorio que promete sorprender
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL