O ciclo "Venres D_letras" comeza o novo ano coa presentación do poemario "Para que eu beba", de Luís Valle. O autor estará o vindeiro venres, día 12 de xaneiro, a partir das 20:30 horas no salón de plenos do concello de Ponteareas.
"Para que eu beba" é un libro adicado á memoria do seu pai, falecido recentemente, no que o autor dialoga coa vida e coa morte a través de versos, espindo a súa alma nun berro estarrecedor.
Luís Valle é un poeta e pintor nado na Terra Chá luguesa. Como pintor ten realizado diversas exposicións individuais e a súa obra atópase diseminada por diversos lugares do mundo. Como poeta, malia que os seus tres primeiros traballos foron realizados en castelán, o groso da súa produción foi feita en lingua galega. Foi galardoado con premios como o Eusebio Lorenzo Baleirón ou o Premio Luieiro Rey. Amáis, ten participado nunha chea de obras colectivas.
O ciclo "Venres D_letras" foi posto en marcha pola Concellería de Cultura co obxectivo de dar a coñeceer algúns dos traballos máis relevantes do panorama literario actual. O vindeiro mes terá continuidade coa presencia de Manrique Fernández, que presentará a obra de teatro infantil "Hermes, aprendiz de mago".
Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia
La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián
El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año
La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York
Con sede no campus de Pontevedra e seguimento presencial e virtual
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL