Moaña convértese en cada verán nuns multicines ao aire libre. Cada parroquia moañesa acolle unha proxección. Trátase do ciclo Moaña Son de Cine, unha entrega que pretende achegar o sétimo arte a diferentes partes da vila morracense. O evento comeza este venres 19 de xullo, ás 22:00 horas, na Praza Vinte e Cinco de Xullo, en O Rosal. A proxección que estreará o ciclo será “Campeones”, a premiada película de Javier Fesser e protagonizada polo galego Javier Gutiérrez que aborda a historia de Marco, un adestrador profesional de baloncesto, que atópase un día, en medio dunha crisis persoal, formando a un equipo composto por persoas con discapacidade intelectual. O que comeza como un problema acaba convértese nunha lección de vida.
Todas as proxeccións do ciclo Moaña Son de Cine son de balde. O seguinte pase desta serie trasladarase ao parque infantil de Tirán o vindeiro mércores 24 de xullo. O público familiar poderá ver “Asterix: El secreto de la poción mágica” ás 22:00 horas. As seguintes proxeccións xa serán no mes de agosto. O roteiro cinéfilo levaranos o venres 2 de agosto ao CC Daniel Castelao en Quintela para ver “Lego Película 2” (22:00 horas), o venres 9 de agosto ao Adro Igrexa da Peregrina, en Latón – Meira, para poder gozar de “Ralph Rompe Internet” (22:00), o venres 16 seguirá esa aposta polo cine familiar no Aparcadorio do Parque O Real con “Los increíbles 2” (22:00) mentres que o penúltimo pase terá lugar no CEIP Domaio o venres 30 de agosto con “Johnny English de nuevo en acción” (21:30). Moaña Son de Cine despídese o venres 6 de setembro no Adro da Capela dos Milagres, en Verducedo, con “Cómo entrenar a tu dragón” (21:30).
Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia
La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián
El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año
La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York
Vigo acogerá el próximo mes de noviembre una nueva edición de la Semana de Cine Submarino. Así es este ciclo de la UVigo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL