Netflix tamén fala galego

Publicidad

Abril é o mes no que Galicia presume do seu cine. Ou polo menos ten máis conciencia. Tras a resaca dos Mestre Mateo, a provincia de Pontevedra acolle en apenas un mes tres festivais do sétimo arte como o Play-Doc, que comeza este mesmo mércores en Tui, o Primavera do Cine e o Festival de Cans. Máis aló destas citas, a influencia e a importancia do mundo audiovisual galego demostrase coa estrea en Netflix da serie “O sabor das margaridas”, polo que calquera usuario da plataforma dixital pode ver, dende o pasado venres 29 de marzo, unha serie na súa lingua.

“O sabor das margaridas” é a última gran serie en galego. A coprodución de CRTVG, CTV e Coramex foi galardoada como a “Mellor Serie de Televisión” na última edición dos Mestre Mateo.

A serie estreouse no mes de outubro na TVG. Obtivo un gran éxito de audiencia, polo que Netflix a elixiu para o seu catálogo, unha decisión que a converte na primeira serie en lingua galega da plataforma de vídeo baixo demanda.

“O sabor das margaridas” é unha miniserie de televisión composta por seis episodios que está dirixida por Miguel Conde e protagonizada por María Mera. Na produción tamén forman parte do elenco actores recoñecidos como Tony Salgado, Nerea Barros e Miguel Ínsua.

A serie é un thriller ambientado nunha fría noite de 2010, uns días antes da chegada do Papa Benedito XVI a Santiago de Compostela. Marta Labrada desaparece en raras circunstancias nunha gasolineira de Murías, un pequeno pobo de Galicia. O medo a que o caso salte aos medios de comunicación obriga a intervir á Garda Civil, enviando á inspectora Rosa Vargas, que ten que actuar pronto.

Salir de la versión móvil