
O Festival Internacional de Cinema Play-Doc arrancará este mércores a súa décimo quinta edición en Tui. O festival, que non perde o seu potente espírito crítico e intelectual, quere remarcar sen embargo o carácter “transversal, universal e aberto a calquera tipo de público”.
“Propoñemos unha nova experiencia sen prexuizos para ver propostas cinematográficas diferentes”, explica o seu codirector, Ángel Sánchez. Este evento “atípico e forma da norma” logra cada ano sentar a xente que non vai ao cine habitualmente sentada ao carón de cinéfilos que viaxan a cada festival do mundo. Todo, "sen esa endogamia intelectual da que adolecen certo tipo de festivais", asegura.
O Play-Doc celebrarase entre o 3 e o 7 e abril en Tui ofrecendo, como é habitual, cinema, fotografía e tamén música. As entradas para as proxeccións teñen un prezo de 3€.
O festival da “un salto cualitativo” ao estrear en España seis películas da sección oficial, á vez que continúa coa posta en valor do cinema máis próximo e o diálogo con outras disciplinas. O Teatro Municipal acollerá as retrospectivas do fotógrafo e director estadounidense Bruce Weber -que ademais presentará a estrea española do seu último traballo-, o artista Kidlat Tahimik -considerado o pai do cinema independente filipino- e o alemán Wolf Eckart Bühler -que achegará tamén outra primicia, o seu díptico sobre a estrela de Hollywood Sterling Hayden-.
Na sección oficial competitiva todas as películas son estreas en España e contan co denominador común da memoria. Tamén no Panorama Galicia os asistentes atoparán os traballos máis recentes da producción audiovisual galega con filmes de Arancha Brandon, Iria Sanjurjo, Antonio Díaz Huerta, Eloy Domínguez Serén, Alexandre Cancelo, David Varela, Antonio Grunfeld, Adrián Canoura e Diego Rmero Suárez-Chairo.
Como novidade, o Play Doc incorpora a sección North by Northwest con películas do norte e noroeste peninsular á vez que se incluye unha exposición fotográfica. Por último, no apartado musical este ano o Play Doc Live! ofrecerá o concerto dos canadienses Les Deuxluxes que presentarán o seu traballo Springtime Devil o sábado, 6 de abril, ás 23:45 horas (13€).
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL