• Futura hamburguesería Vigo
  • Apertura en Vigo
  • Cierre en Churruca
  • Ruta gastro Vigo
  • Oferta Vueling
  • Fiesta náutica
  • Festa da Sidra Vigo
  • Investigación Baiona
  • Entradas Celta Europa
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

O Festival de Cans homenaxeará ao cineasta Chano Piñeiro

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
07/08/2020

O Festival de Cans, que terá lugar do 2 ao 5 de setembro, homenaxeará na programación da súa XVII edición o cineasta Chano Piñeiro, con motivo da celebración dos vintecinco anos do seu falecemento, acontecido en 1995.

Chano Piñeiro (Forcarei,1954–1995) é o pai do cinema galego contemporáneo, e un realizador chave na posibilidade de ter un cinema propio en lingua galega. Filmes coma "Sempre Xonxa" ou curtametraxes como "Mamasunción", forman parte da memoria cinéfila de todas as galegas e galegos, sobre os que Piñeiro deixou unha fonda pegada.

Másnoticias

O Porriño organiza una fiesta en homenaje al peregrino y al turista con música, rutas y talleres

18/09/2025

Madrid pone en marcha el primer bus autónomo 'made in' O Porriño

18/09/2025

O Festival de Cans quere lembrar este ano a este cineasta inesquecible, a través de varias actividades transversais que se desenvolverán ó longo de todo o certame. Desde a homenaxe que o festival tributa ó cineasta no cartaz desta edición, coa figura de fondo da bicicleta voadora de Caladiño, un dos seus personaxes máis iconográficos, pasando pola inuguración dunha rua efémera na súa memoria, un coloquio, proxecións e actividades para nenas e nenos.

As actividades para celebrar a figura de Chano Piñeiro comezarán o mércores, 2 de setembro, coa inauguración dunha rúa efémera en Cans, que levará o nome do cineasta. Esta rúa estará presente durante os catro días que dura o festival, e posteriormente volverá recuperarse cada ano nos días nos que se celebre o certame, a xeito de homenaxe contínua a este excepcional creador.

Na inauguración desa rúa estarán presentes a viúva do cineasta, Mari Luz Montes e a actriz Uxía Blanco, inesquecible protagonista do filme "Sempre Xonxa". Ambas asistirán a posteriori a un coloquio sobre a figura de Chano Piñeiro, promovido pola Fundación Aisge e que terá lugar no Baixo de Carlos, o baixo do festival que este ano acollerá todos os coloquios e encontros matinais do mércores 2 ao venres 4 de setembro.

O coloquio rematará coa proxeción de "Mamasunción", a súa curtametraxe mais emblemática, que se fará tamén con subtitulado especial para persoas con discapacidades auditivas, e coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Por motivos de distanciamento social e hixiene, esta galpón terá unha reducción de aforo e a actividade estará limitada a 25 persoas, que terán que inscribirse previamente, nun enderezo que o festival poñerá a disposición do público desde unha semana antes do certame.

As actividades de homenaxe completaranse con ‘Chano Piñeiro, vida contada’, un proxecto creado en exclusiva para este celebración, e no que os contadores de Polo Correo do Vento narraranlle a nenos e nenas a vida e as claves cinematográficas do creador de Forcarei. Explicarano a través dun formato absolutamente cinematográfico: debuxos feitos a semellanza dos que se empregan na preparación das películas para deseñar as imaxes, os denominados ‘story boards’. Este tipo de traballos serven de guía durante a rodaxe, e as pequenas e pequenos que asistan a esta actividade poderán coñecer así cómo é esta ferramenta cinematográfica baseada no debuxo ademais de achegarse á obra de Chano Piñeiro. Esta actividade terá lugar na tarde do sábado 5 de setembro, e un máximo de 25 entradas a un prezo de 3 euros poñeranse á venda para esta actividade na tenda online do Festival de Cans.

Últimas entradas con desconto á venda ata este sábado

Dadas as limitacións de aforo da presente edición, a participación en todas as actividades só poderá realizarse baixo rexistro ou a través de entradas adquiridas previamente. A organización do Festival extrema as medidas de control de público para protexer tanto ás persoas asistentes coma á veciñanza, sobre todo as persoas de maior idade. Ata este sábado 8 de agosto, poderán mercarse na tenda online as últimas entradas da oferta de lanzamento do festival, para asistir o sábado 5 de setembro, día central do certame.

Só hai dispoñibles 200 entradas para a sesión matinal, que dan acceso ó coloquio con Óliver Laxe no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, e outras 200 entradas para a sesión de tarde que dan acceso tamén ó concerto de Henrik Rover e a entrega de premios no mesmo espazo. O pack de entrada, camisola e coloquio está á venda por 20 euros, e o pack de tarde a un prezo de 25 euros. Só terán acceso garantido as persoas que merquen o pack antes do sábado. Desa data en diante poñeríanse á venda entradas soltas, só no caso de que sobrasen.

Temas: A LouriñaFestival de CansO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar

Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia

PorEuropa Press
17/09/2025
Enfoque

Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego

La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián

PorCarlos I. Castrillón
16/09/2025
Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Enfoque

Preto de 500 especialistas de doce países reivindican na UVigo o poder da educación para mudar a sociedade

PorCarlos I. Castrillón
17/09/2025

Con sede no campus de Pontevedra e seguimento presencial e virtual

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

04sepTodo el día05octFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

19sep(sep 19)19:0027(sep 27)23:30Galician Freaky Film Festival en VigoVIGO | FESTIVAL CINEMATOGRÁFICO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X