O mellor do FICBUEU 2019 proxectase no Cineclub Val Miñor Alice Guy

Publicidad

As mellores curtas dun festival referente do cinema como é o FICBueu poderanse gozar este xoves na nova proxección do Cineclub Alice Guy que terá lugar no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. A proposta trátase dunha escolma das mellores obras internacionais da pasada edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, celebrado na vila morracense do 6 ao 14 de setembro. Ademais da proxección desta interesante selección, o evento contará coa participación do director do festival, Manuel Pena, co fin de establecer un coloquio co público.

O FICBueu nace en 2008 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Este ano, o festival celebrou a súa duodécima edición cunha intensa e coidada programación que agora se poderán ver este xoves no Auditorio Municipal de Nigrán.

As curtas que se poderán ver a partir das 20:30 horas na nova sesión do Cineclub Alice Guy son “Cadoul de Craciun” (Ánfora de Ouro), “Lake of Happiness” (Ánfora de Prata), “Memorable” (Premio do Público FICBUEU 2019), “Nursery Rhymes” e “Skin”.

Salir de la versión móvil