• Estatua Aspas Vigo
  • Nueva urbanización Vigo
  • Plan Ensanche Vigo
  • Planes finde
  • Magosto Vigo
  • Navidad Portugal
  • Rodaje Vigo
  • Navidad Náutico Vigo
  • Huelga Atención Primaria
  • Halo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

O Primavera do Cine de Vigo converte o MARCO e o Auditorio Municipal en salas de cinema

O Primavera do Cine de Vigo converte o MARCO e o Auditorio Municipal en salas de cinema
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
09/09/2020

Volve o Festival Primavera do Cine en Vigo. A novena edición do certame, que tivo que ser adiado por mor da pandemia, arrancará o vindeiro martes 15 de setembro nas súas sedes habituais: o Auditorio do Concello de Vigo e o Museo MARCO. Esta edición será máis austera, con menos actividades paralelas, menos aforamento e unha estrita normativa hixiénico-sanitaria, mais mantén a súa esencia: a experiencia de achegar a maxia do cinema ao público vigués na propia sala.

Ás 20:00 horas do martes, o Auditorio do Concello acollerá un pequeno acto inaugural no que se presentarán os contidos e a proxección da primeira longametraxe da sección oficial. Trátase da multipremiada Pacificado, unha produción brasileira dirixida polo estadounidense Paxton Winters ambientada nas favelas de Río de Xaneiro durante e despois dos Xogos Olímpicos que pon o foco na humanidade que reside nestes espazos, unha fermosa e dura historia que convida a reflexionar sobre a paz e a posibilidade de alcanzala desde fóra cara dentro.

Másnoticias

Iago Aspas estalla contra los horarios de la Liga: el Valladolid - Celta, también a las 14:00 horas

Ya hay ubicación para la estatua de Iago Aspas en Vigo, Caballero desvela dónde estará

07/11/2025
El TSXG determina que no es motivo de despido el "no" de un trabajador a pasar de fijo continuo a discontinuo

El TSXG ratifica la condena a un hombre por abusar de una mujer dormida en Vigo

07/11/2025

Ademais de Pacificado, outras oito longametraxes conformarán as seccións oficiais galega e lusófona.

As mortes, de Cristóbal Arteaga; De barrio, de Xurxo Chirro; Estado de malestar, de María Ruido; Eroski Paraíso, de Jorge Coira e Xesús Ron, e Manoliño Nguema, de Antonio Grunfeld, constitúen a Sección Oficial de Longas Galegas.

A febre, de Maya Da-Rin; Bostofrio, de Paulo Carneiro; Pacificado, de Paxton Winters, e Fakir, de Helena Ignez, conforman a Sección Oficial de Longas Lusófonas. Con respecto a Helena Ignez a organización do Primavera do Cine destaca que, como curiosidade, en poucos días ese nome lle resultará coñecido ao público habitual desta edición. Ignez non é só a directora de Fakir, senón tamén protagonista e coprotagonista de dúas das curtas da Sección Oficial de Curtas Lusófonas: Extratos, de Sinai Sganzerla, e Carne, a multipremiada curta da brasileira Camila Kater que conta tamén con produción galega. Mentres que estas e outras sete pezas dan forma á sección de curtas lusófonas, outras 14 pezas integrarán a Sección Oficial de Curtas Galegas. Entre elas hai filmes que foron nomeados aos Goya, como Homomaquia; e obras que adaptan fermosos textos de Roberto Vidal Bolaño, como Badaladas de amor e morte; tamén filmes que competiron en Málaga como Mare; novas perspectivas da nosa cidade a través da mirada de cineastas arxentinos, como Una película hecha de; obras social e culturalmente comprometidas, e auténticas xoias de animación realizadas por autoras e autores locais que compartirán o seu tempo connosco para conversar sobre o seu traballo.

Ademais, o festival conta este ano cunha nova sección denominada Exhibicións especiais: Cinema e compromiso conformada polos filmes Reboiras: acción e corazón, de Alberte Mera, e Noite irisada, de Beatriz Vázquez Campaña. Trátase de dous documentais que desenvolven contidos propios do activismo político e social: a represión franquista o primeiro, e os dereitos do colectivo LGTBI galego, o segundo. Ambas as dúas proxeccións complementaranse cun debate posterior que contará coa presenza de personalidades relevantes na temática que tratan.

Actividades paralelas

A pesar de que a prevención obriga a mermar o número de actividades paralelas, mantéñense dúas que foron exitosas en pasadas edicións, como Proxecto Remolque, un obradoiro de cinema expandido para toda a familia dirixido polo cineasta e proxeccionista Cris Lores, quen acompañado polos tamén cineastas Belén Veleiro e Alberte Pagán, ensinará ao público asistente a realizar as súas propias películas en celuloide manipulando vellos tráilers de cinema. Un xeito ameno de coñecer a historia do cine que de seguro fará as delicias tanto de adultos coma dos máis pequenos da casa.

Por outra banda, o Café Candelas con Crea terá lugar o venres 18 de setembro ás 19:30 horas. no hotel oficial do festival, o Bahía de Vigo. Será un encontro entre público e cineastas moderado polo montador e director Jorge Coira —gañador do Goya á mellor montaxe por O descoñecido, de Dani de la Torre, e director da serie Hierro— e outros membros da Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia para conversar sobre a creación colectiva e a reconstrución do tecido audiovisual a través do medio dixital. Todo isto nun ambiente relaxado e informal, cun café Candelas ben quentiño entre as mans.

Ambas as dúas actividades terán un aforamento limitado e requirirán inscrición previa, que poderá formalizarse cun correo electrónico dirixido a info@primaveradocine.com.

Os prezos

Co obxectivo de facilitar a fluidez do tráfico de público e tamén coa idea de evitar a manipulación e o intercambio de papel na medida do posible, a entrada deberá ser formalizada de xeito online, a través da plataforma de venda Woutick ou da mesma páxina web do festival.

O custo das entradas será o mesmo que anos anteriores: tres euros as curtas e videoclips, e 4 euros as longametraxes.

Temas: Festival Primavera do Cine de Vigofestivales de cinefestivales de cine en GaliciaVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La película de San Simón arrasa en su primera semana con miles de espectadores en Galicia
Enfoque

La película de San Simón arrasa en su primera semana con miles de espectadores en Galicia

Es el mejor estreno independiente de la semana en Galicia solo superada por Chainsaw Man - La Película: El arco de Reze

PorUxía Pérez
01/11/2025
'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar
Enfoque

'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar

Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia

PorEuropa Press
17/09/2025
Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego
Enfoque

Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego

La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián

PorCarlos I. Castrillón
16/09/2025
Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año
Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X