• Casas rurales Galicia
  • Verano en Vigo
  • Playas Cíes
  • Abandono Coia
  • Concierto Moaña
  • Fiestas Galicia
  • Animales Vigo
  • Fillas de Cassandra
  • Paquita Salas
  • Abel Caballero
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Os retos e problemas do sector cultural, a debate no Castelo de Soutomaior

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
02/03/2023

Como se traballa no sector cultural? Envellece o sector debido á falta de atractivo para os traballadores máis novos? Estas cuestións e outras foron abordadas na xornada “Coidar de nós, para coidar da Cultura”, celebrada no Castelo de Soutomaior este xoves 2 de marzo da man da Deputación de Pontevedra e da Asociación Galega de Profesionais da Cultura (AGPXC). Cento dez profesionais inscritos na xornada asistiron ás diferentes sesións e mesas da xornada, que foi inaugurada por Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carlos Lorenzo, presidente da AGPXC, e Sergio Lago, comisario da xornada. A xornada foi transmitida na canle youtube da Deputación de Pontevedra, onde fica a gravación para todas as persoas interesadas.

“A cultura ten que ser prioridade para as administración, non pode ser a materia maría. Hai que dedicarlle recursos; sabemos que ese talento non está nos despachos, está na sociedade, e polo tanto debemos abordar os dereitos das persoas que se dedican á cultura”, sinalou Carmela Silva no acto de apertura. Carlos Lorenzo, presidente da AGPXC, fixo referencia a un recente estudo do Observatorio Social da Fundación LaCaixa que revela que boa parte dos traballadores culturais non só ten dificultades para vivir do seu traballo senón que considera que o seu labor non é recoñecido pola sociedade.

Másnoticias

TURISMO DE GALICIA

Abren las inscripciones para conocer las Brañas de Xestoso, un paraíso interior en Pontevedra

10/05/2025

El área de Vigo ganará una nueva zona recreativa con bar, un paseo costero y espacios naturales

07/05/2025

Ao longo da xornada participaron na mesma diferentes poñentes tanto do sector privado como do público: Jorge Fernández León, do grupo de traballo sobre Cultura e Contorna Rural da “Red Española para el Desarrollo Sostenible” (REDS), Gemma Carbó, directora del Museu Vida Rural de la Fundación Carulla (L’Espluga de Francolí, Tarragona) e presidenta da Fundación INTERARTS, Fernando Cerón, Conselleiro técnico da Dirección Xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación do Ministerio de Cultura, Pilar Portela, coordinadora de Música e Danza na Agadic-Xunta de Galicia e representante da AGPXC na comisión de profesionalización da Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales (FEAGC), Tere Badía, investigadora cultural, xestora independente e ex-secretaria xeral de Culture Action Europe, a avogada e presidenta de AGEM, Patricia Hermida, o investigador Fran Quiroga e o xestor e comunicador Alejandro Nieves.

Jorge Fernández León sinalou que “A maioría do traballo cultural non está suficientemente conectado coa comunidade. É un campo que ainda precisa ser penetrado por outras visións”. Tamén se referiu a un modelo de concentración cultural fronte aos intentos de crear industrias domésticas. “É o mesmo falar do fondo de investimento americano que se fixo con todos os macrofestivais de música españois que dos modelos críticos que ainda subsisten e nos que temos capacidade de intervención? É lexitimo que un macrofestival reciba importantes fondos públicos para nutrir as arcas dun fondo de investimento? Penso que non estamos falando da mesma industria cultural nun caso e noutro”, sinalou.

Gemma Carbó engadiu que o diñeiro público en cultura estase destinando ao entretemento “Somos o único sector que non inviste en I+D”. remarcou. “No sector cultural mantémonos xente que entramos nas administracións públicas e outra con xa longas andainas no sector privado. Estamos ofrecendo á xente nova traballos precarizados e tamén atopamos un cambio de mentalidade por parte da xente nova respecto á idea de crecer profesionalmente no mesmo espazo. Que consecuencia terá? Pois como nas pirámides de poboación, seremos un sector envellecido, sen capacidade de conversa entre seniors e xente nova”. Ambos poñentes coincidiron en que desde o ámbito político interesa resaltar o caracter entusiasta do traballo cultural, contribuíndo a precarizalo. “Cantas administracións seguen pensando que traballar na cultura é un regalo? Cantas asinan contratos con artistas que non sexan do ámbito da música?”, interpelou Fernández León.

Precisamente na mesa dedicada ás perspectivas institucionais, Fernando Cerón, conselleiro técnico da Dirección Xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación do Ministerio de Cultura, reseñou que o sector cultural supón en España o 3,5% do PIB. “O mesmo que a agricultura”, reseñou. Cerón explicou o proceso de traballo interministerial no desenvolvemento do Estatuto do Artista durante os últimos dous anos. “A primeira vez que se traballa en marcos legais e especificos para a actividade cultural creando un novo concepto de actividade cultural nos ámbitos das artes escenicas, musicais e audiovisuais, incluíndo a artistas e técnicos, e asumindo a intermitencia nos contratos de cara á protección e cotización dos traballadores culturais”. Pilar Portela explicou os traballos desenvolvidos pola Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales a prol da profesionalización e definición da figura do xestor cultural.

Pola súa parte, Tere Badía explicou que no ámbito europeo as análises dos efectos da pandemia no sector foron devastadores e serviron de revulsivo para abrir unha etapa de novos retos e oportunidades. “O impacto en 2020 foi dun descenso do 31% no volume de traballo, é dicir, máis que no sector turístico ese ano, perdéronse 200.000 millóns de euros de ingresos e milleiros de postos de traballo”, sinalou, para engadir que un 33% dos traballadores da cultura en Europa son autoempregados.

Falan os profesionais do sector cultural

Na última sesión da mañá, dedicada á perspectiva profesional, foron Patricia Hermida, Fran Quiroga e Alejandro Nieves, os que, desde a experiencia propia, analizaron os principais problemas do sector cultural en Galicia. A elevada atomización do sector con traballadoras autónomas e entidades de un ou dous traballadores, a alta intermitencia laboral, a escasa oferta laboral estable por conta allea no ámbito privado e o déficit de persoal nas institución públicas foron algunhas das materias que se abordaron nesta sesión. “Non é algo que afecte exclusivamente ao noso sector, pero si que reunimos importantes factores de risco”, sinalaba o coordinador da xornada Sergio Lago.

“Necesitamos asumir máis traballos dos que podemos desenvolver pola nosa situación precaria. Hai algo de toxicidade no traballo cultural, ata o punto de que, neste sector, se vives ben, estás mal visto”, apuntaba Hermida. “Pelexamos constantemente por concursos e convocatorias que non cumpren convenios e nos dan migallas.Temos que deixar de engraxar esa roda e empezar a pensar máis a longo prazo. Non aceptar esa precariedade que, ao final, ao que contribúe é a deixar o traballo cultural en mans da xente que xa ten recursos de si, de privilexiados”, comentou Fran Quiroga.

A xornada “Coidar de nós, para coidar da Cultura” dedicou á tarde do xoves a reunir en torno a catro mesas horizontais traballo público na cultura, o día a día das profesionais independentes e pequenas empresas, a activación de proxectos que revirtan nunha creación cultural máis sostible e o equilibrio entre traballo cultural e proxectos de vida. Non sen antes gozar dunha sesión chea de humor acedo da man do actor Cándido Pazó co título “Traballar na cultura? Espera que che conto”.

Temas: Deputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto generada por Inteligencia Artificial
Gafapasta

El festival de series que llega a Vigo y permitirá ver gratis éxitos de Netflix, Prime Video y Movistar

Vigo tendrá como gran colofón este mes el estreno de un festival con una potente programación con visionado y coloquios de estas series

PorMiguel Alonso
13/05/2025
Enfoque

Las bandas de Vigo podrán grabar sus propios temas gratis con esta iniciativa

Con esta iniciativa las bandas de música y artistas de Vigo podrán ser escogidas para grabar su propia música y promocionarse

PorGabriel González
26/04/2025
Enfoque

El talento vigués de Fon Cortizo triunfa en Moscú con el premio al mejor cortometraje

"Abellón" se hizo este jueves con el Premio al Mejor Corto en el Festival Internacional de Cine de Moscú entre los 12 seleccionados

PorÁngel Vila
25/04/2025
Gafapasta

Fechas y horarios para ver en Vigo las películas galardonadas en los Premios Oscar 2025

Todavía tienes varias oportunidades para disfrutar en Vigo de las películas ganadoras de las principales categorías de los Oscar

PorMetropolitano
04/03/2025
Enfoque

La serie Paquita Salas tiene su propio partido político en Galicia y ya gana elecciones

PorMetropolitano
14/05/2025

Un partido inspirado en la serie de Netflix de Los Javis se impone en la contienda electoral del alumnado de la Facultad de Comunicación

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

16mayTodo el díaFIESTA DE LOS CALLOS EN TEISFIESTA | TEIS

17may10:00FESTA DOS CALLOS EN TOMIÑOFIESTA | TOMIÑO

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X