• Crimen O Porriño
  • Ikea en Vigo
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Herida en Samil
  • Calor en Vigo
  • Edificio histórico en Vigo
  • Senda ecoturística
  • O Marisquiño en A Laxe
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Ruta festivaleira polas Rías Baixas: oito eventos para gozar do mellor cinema

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
11/08/2021

A Deputación de Pontevedra deu o “pistoletazo” de saída a unha nova edición dos Rías Baixas Film Fest que, entre setembro e decembro, situarán á provincia “como a grande referencia no audiovisual”. A presidenta Carmela Silva, xunto a Suso Novás, codirector de Novos Cinemas de Pontevedra, e Teresa Barberena, codirectora do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, deron a coñecer as novidades deste ano, acompañados de representantes de todos os festivais que integran a marca e de integrantes dos gobernos locais de Porriño, Vigo, Bueu, Tui, Vilagarcía e Pontevedra. O acto pechouse cun sketch cómico a cargo do director Pablo Cacheda e do actor Santi Romay.

Carmela Silva puxo en valor aos festivais como elementos que contribúen a converter á provincia nunha referencia cultural. “Nesta administración temos moi claro que queremos cultura para vivir e que non podemos construírnos, ser felices e participar activamente na transformación do mundo sen cultura. Temos a obriga –asegurou- de facer deste provincia unha referencia na cultura, que a xente entenda que coidamos a cultura, que somos herdeiras e herdeiros dun país, que é Galicia, que sempre estivo na vangarda cultural e que o sector audiovisual é unha grande referencia. Se hai algo que constrúe sociedade e fai que a xente participe activamente é o audiovisual, que ofrece moitas miradas, diversas, e transmite emocións, ideas e valores universais”. Para Carmela Silva, que agradeceu o “inmenso traballo” dos organizadores dos festivais e do persoal da Deputación implicado, os Rías Baixas Film Fest “fan felices á nosa xente, que ten que ser obxectivo prioritario, pero tamén son un motor de atracción de visitantes, de amosar que na nosa provincia hai moito talento, talentazo”.

Másnoticias

Turismo Rías Baixas

La Diputación premiará Trabajos de Fin de Grado o de Máster sobre experiencias turísticas en playas

26/07/2025

El espectacular tirón turístico de las Rías Baixas en el mundo, el 40% de los visitantes son ya extranjeros

26/07/2025

Palabras de agradecemento tiveron tamén os representantes dos Rías Baixas Film Fest. Suso Novás, codirector de Novos Cinemas de Pontevedra, enxalzou o papel clave da Deputación: “os festivais funcionan porque hai un equipo de persoas, persoas funcionarias, técnicas e políticas, que nos fan medrar e que demostran que traballando xuntas e xuntos podemos desenvolver proxectos con incidencia local sen rexeitar a interese internacional”. Pola súa banda, Teresa Barberena, codirectora do Festival de Cinema Inclusivo de Vigo, destacou a importancia da marca Rías Baixas Film Fest “para darnos a coñecer, crear territorio e acabar cos minifundismos e crear unha rede, con propostas variadas e diferentes, complementarias, para impulsar a industria audiovisual e cultural”.

Oito festivais entre setembro e decembro

Os Rías Baixas Film Fest comezarán en O Porriño coa celebración do XVIII Festival de Cans entre o 1 e 4 de setembro e continuarán co X Primavera do Cinema, que terá lugar en Vigo do 7 ao 12 de setembro; co XIV FicBueu entre o 10 e 19 de setembro en Bueu; co XVII Play-Doc que terá lugar entre o 22 e 26 de setembro en Tui; co 4#Galician Freaky Film Fest entre o 29 de setembro e 2 de outubro en Vigo; co VI Festival de Cine Inclusivo que terá lugar entre o 12 e 16 de outubro en Vigo; co 49º Curtas Festivais do Imaxinario entre o 22 e 31 de outubro en Vilagarcía; e co VI Novos Cinemas que se celebrará entre o 14 e 19 de decembro en Pontevedra e pechará a edición do 2021 dos Rías Baixas Film Fest.

Neste 2021 a Deputación amais de lanzar por vez primeira nos oito festivais a campaña “Lembra, eu decido, ti respectas”, continuará colaborando cos protocolos de seguridade anticovid. Amais incrementará os seus esforzos de promoción a través da campaña específica “Rías Baixas Film Fest, que non che conten a película”, que se puido ver xa durante a presentación, con frases divertidas de cada un dos festivais que será difundida a través de ráfagas e vídeos nos medios e redes sociais. Tamén incorporará a promoción dos festivais na feira Culturgal e durante a celebración dos eventos gravará o audiovisual “#EuSonRíasBaixasFilmFest, a pegada dos (nosos) festivais”, no que se recollerán testemuñas do público falando das experiencias vividas nos festivais, para promover a marca de cara ao 2022. Tamén de cara ao vindeiro ano terá lugar a acción “En modo cinema”, con conversas gravadas en localizacións da provincia e entrevistas realizadas polas directoras e directores dos Rías Baixas Film Fest.

Os Rías Baixas Film Fest xurdiron no 2020 baixo o paraugas da Deputación e da man dos organizadores dos festivais. Nese mesmo ano púxose en marcha un Comité de persoas expertas para incrementar a visibilidade dos certames, axudar á profesionalización do sector audiovisual e xuntar esforzos para ser máis fortes no relato cultural. Neste 2021 a Deputación achega 150.000 €, 20.000 € máis que no 2020, á celebración destes festivais que crean vínculos e sitúan á provincia de Pontevedra como un lugar de referencia.

Temas: Deputación de Pontevedrafestivales de cinefestivales de cine en Galicia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

El "súper ventas" Santiago Díaz presenta uno de los thrillers del año en Vigo: "Jotadé se hace querer"

El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía

PorIván Dacal
21/07/2025
Gafapasta

A RAG dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á viguesa Begoña Caamaño

O próximo 17 de maio estará dedicado a Caamaño, quen debutou na madurez como narradora, aos 45 anos de idade, con 'Circe ou o pracer do azul'

PorMetropolitano
20/06/2025
Oliver Laxe, con su galardón en Cannes // EP/FESTIVAL DE CANNES
Enfoque

El director gallego Oliver Laxe gana el premio del Jurado de Cannes por su película 'Sirat'

El cineasta gallego comparte este galardón 'ex aequio' con la directora alemana Mascha Shilinzki por su filme 'Sound of Falling'

PorMetropolitano
24/05/2025
Enfoque

La película rodada en Vigo que emociona al mundo en uno de los festivales más importantes del cine

"Romería", el film de Carla Simón rodado en emplazamientos de Vigo, deja huella en su estreno en el Festival de Cannes

PorCarlos I. Castrillón
22/05/2025
Enfoque

Innovación gallega desde la UVigo para aprender inglés a través de estos dos "videojuegos"

PorMetropolitano
24/07/2025

Las dos plataformas son un resultado de un proceso colaborativo entre las ramas de filología, educación y tecnología

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X