Tanxugueiras despide o 2023 lanzando o videoclip da canción que se estreou no concerto no Coliseum da Coruña, un tema no que colaboran cunha das revelacións da música desde 2023 como é Valeria Castro, que na súa xira ten pechada a súa presenza no Auditorio Mar de Vigo. A canción, que as catro artistas estrearon en directo o pasado 16 de decembro no Coliseum da Coruña durante o concerto fin de xira das galegas, trata sobre as persoas que se van pero que, dalgunha maneira, seguen presentes nos recordos para sempre. Nas súas propias palabras, “fai referencia a que cando nós marchemos teremos que estar tranquilas, porque o vivido é suficiente, xa fixemos o que tiñamos que facer. Hai que gozar do presente, da vida, que cando marchemos xa haberá xente que nos lembre aquí para manternos vivas”.
En liña coa mensaxe da canción, Valeria Castro achega: "Cantar xunto a Tanxugueiras é saber que non estás soa, que hai tres mulleres preto que te apoian e cantan contigo para que o que merece ser contado se escoite máis forte. É un agasallo poder cantarlle ás ausencias e á fraxilidade humana con elas”.
"Hoxe, mañá e sempre” vén acompañada por un videoclip que mostra ás catro artistas no estudo e reflicte o vínculo que naceu por mor de colaborar e conectar no eido tanto persoal como artístico: "Foi espectacular, fixemos moitísima amizade con ela. É moi sinxelo traballar con Valeria, e o mellor é que por mor de compoñer este tema xurdiu unha amizade que cremos que durará para sempre. Estamos moi contentas de poder traballar con ela e de que nos transmita a súa sensibilidade. "Hoxe, mañá e sempre" é unha combinación da nosa forza coa súa sensibilidade que cremos que encaixa dunha maneira moi orgánica".
Aínda co recordo ben presente do fin de xira na Coruña, as artistas xa comezaron a confirmar as primeiras presentacións en directo para 2024, tendo xa estas datas marcadas para o ano que en breves comeza. As Tanxugueiras xa teñen pechada a súa presenza no MA Scène nationale no Théàtre de Montbéliard (Francia), no Ouren Sound Fest de Bemposta (Ourense), o Pirata Beach Festival (Gandía) e o Festival Osa do Mar (Burela).
Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia
La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián
El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año
La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York
Aberta ao público, terá lugar este mércores 22 na Facultade de Comunicación da UVigo en Pontevedra
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL