Tanxugueiras, entre as 14 seleccionadas para competir por representar a España en Eurovisión

Publicidad

Tanxugueiras avanza un paso máis cara Turín. A canción "Terra" do grupo galego foi unha das 14 escollidas por RTVE entre 886 propostas para participar no Benidorm Fest 2022, festival do que sairá o represente español da 66ª edición de Eurovisión. "Fainos moitísima ilusión" celebrarán este venres as Tanxugueiras nun vídeo no que avanzaban que o tema co que competirán será "un tema de esencia Tanxugueiras".

No mes de novembro o grupo formado por Aida Tarrío, Olaia Maneira e Sabela Maneiro anunciaban que habían presentado un tema en galego para Eurovisión tras ser as favoritas dos Eurofans con canción "Figa". A proposta das galegas para o festival chámase "Terra" e é un tema "en galego, con pandeiretas e coa nosa sonoridade", explicaban.

Hoxe, a través do Twitter de La 1 de RTVE, coñecíase o cartel do Benidorm Fest 2022 que se celebrará a finais de xaneiro de 2022. Nel participarán 14 artistas, entre as que se atopan as Tanxugueiras que aspiran a facer historia levando un tema en galego ao festival europeo da canción.

Por agora, non se sabe moito das cancións dos seleccionados que competirán nas semifinais e para poder escoitalas haberá que esperar ate o xoves 23 decemebro, cando RTVE fará unha presentación oficial dos artistas. Os 13 compañeiros e rivais das cantantes galegas que pisarán o escenario do Benidorm Fest son Azúcar Moreno, Blanca Paloma, Chanel, Gonzalo Hermida, Javiera Mena, Luna Ki, Marta Sango, Rayden, Rigoberta Bandini, Sara Deop, Unique, Varry Brava e Xeinn.

O funcionamiento da gala en Benidorm, será o seguinte: os cantantes participarán en grupos nas duas semifinais do festival alicantino. Os catro máis votados polo xurado profesional - 60% expertos nacionais e 40% internacionais - e polo público - 50% televoto e 50% xurado demoscópico - pasarán a gran final. O gañador da final do Benidorm Fest 2022 representará a España no certamen europeo que terá lugar en Turín (Italia) os días 10, 12 e 14 de maio de 2022.

En canto a Tanxugueiras, a organización destaca que "representan a mujeres fuertes, valientes y empoderadas a través de sus música folclórica gallega. Cantareiras de una nueva década, son exponentes de una generación abierta a la evolución cantes y sonidos tradicionales de su región. Han publicado cuatro singles en 2021 y han pasado por más 100 escenarios del mundo acompañadas por sus panderetas".

A emoción dos galegos por ter unha posibilidade de que unha canción en galego represente a España en Eurovisión xa se empeza a notar nas redes sociais, nas que as cantantes están recibindo moitas mensaxes de apoio, de ánimo e de orgullo, entre elas o agradecemento "por asumir o reto" do Presidente galego Alberto Núñez Feijóo vía Twitter.

Salir de la versión móvil