O galego podería estar máis preto de soar no Festival de Eurovisión que terá lugar en Italia en 2022. Tanxugueiras confirmou este martes que presentará tema para representar a España no evento. Será un tema “en galego, con pandeiretas e coa nosa sonoridade, abofé que si”. Hai que lembrar que hai varias semanas, o trío que forman Aida Tarrío e as irmás Sabela e Olaia Maneiro foron as favoritas dos eurofans españois co seu tema “Figa”.
"Figa", o rompedor tema que o grupo lanzou o pasado 9 de xullo, foi o elixido na votación lanzada por Eurovision-Spain e, segundo explican no portal especializado, "impúxose en todas e cada unha das votacións da sondaxe organizada durante este verán". Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro lograron este éxito entre os fans do festival europeo cun tema que aposta pola proxección do canto e da música tradicional do noso país a través da súa reformulación e da súa confluencia con sonoridades electrónicas. Figa, cuxo nome remite ao emblemático amuleto contra o mal de ollo, bebe de coplas e simboloxías tradicionais, mesturadas con líricas de creación propia, coa intención de incidir na forza e na capacidade das mulleres á hora de afrontar a súa vida, alén das envexas, medos e críticas derivadas dun sistema marcadamante machista. Con este tema, Tanxugueiras quere rachar novamente cos estereotipos e salientar a caza de bruxas á que foron sometidas as mulleres ao longo dos séculos e que, a día de hoxe, segue a existir en multiples contextos; á vez que poñen de manifesto como agroman, desde o máis fondo, o empoderamento, a sororidade e a valentía feminina.
Nunca na historia de Eurovisión o noso país enviou un tema en galego. Esta edición podería ser a primeira na que se escoitase un idioma cooficial no noso país. A votación de Eurovisión-Spain demostra o cambio de sentir entre os eurofans españois e amosa o camiño que debería seguir TVE para elixir un tema que represente a España na 66ª edición do festival que se celebrará en Italia.
TVE anunciou que este ano relanzará o Festival de Benidorm para elixir o representante español. Será un "gran evento musical" que se celebrará a comezos de 2022 e que constará de tres galas. A vitoria dun tema en galego nunha das webs de referencia dos fans españois do festival podería anticipar unha revolución na preselección que podería levar un tema en galego a soar en toda Europa.
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
Trátase da primeira publicación que incorpora fotografías das diferentes especies
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL