Tanxugueiras lanza por San Xoán o sinxelo 'Seghadoras', novo adianto do seu próximo disco

Publicidad

Tanxugueiras lanza na medionoche deste 24 xuño 'Seghadoras', o novo sinxelo do seu próximo disco, que verá a luz a finais do mes de xullo.

O trío de pandereteiras elixiu a 'noite meiga' para que a súa nova canción vexa a luz. Con 'Seghadoras', último adianto do seu terceiro álbume, pretenden cortar de raíz os discursos de odio.

"Cada día estamos máis convencidas de falar e cantar sobre o necesario que é ter voz propia e romper con todo aquilo que non che fai ben. De apostar por ti para avanzar no teu camiño. De ser consciente de quen es e de que as decisións son túas", explican Sabela, Aida e Antía nun comunicado.

"Que a xente siga falando, pouco a pouco vou collendo, todo o que fun sementando", di a letra da canción das galegas, que se estreará nas plataformas dixitais ás 00:00 horas deste 24 de xuño acompañada dun videoclip de novo producido por Trece Amarillo.

Salir de la versión móvil