• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

Tanxugueiras lanza o seu novo disco un día antes de actuar en Vigo no auditorio de Castrelos

As Tanxugueiras retornan ao punto de partida de Contrapunto

GLORIA MONTENEGRO

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/06/2022

Tanxugueiras xa ten data de lanzamento do seu terceiro disco: o venres 29 de xullo. Un día máis tarde, o 1 de xullo, actuarán no auditorio de Castrelos en Vigo nun concerto gratuíto e, previsiblemente, masivo. As pandeireteiras revelan así unha das preguntas máis recurrentes pola súa comunidade de fans, que nos últimos meses tiveron ocasión de escoitar, paseniño, algúns dos sinxelos que formarán parte do mesmo, como ‘Desidia’, ‘Pano Corado’, Averno’, ‘Figa’, ‘Midas’ou ‘Terra’. O novo álbum, que as cantareiras están a avanzar nos directos da súa espectacular Xira Midas, terá a súa presentación oficial no festival SonRías Baixas de Bueu.

No marco deste anuncio, o grupo presenta a Plataforma de Afectadxs polo Novo Álbum de Tanxugueiras, a campaña de prevenda deste terceiro disco e no que Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro animan ao público a reservar e apoiar o seu novo traballo discográfico. “Non temos a portada, non temos o nome do disco e, como sigamos así, non imos ter vergoña. Pero se cres que somos un investimento máis seguro que as criptomoedas, xa podes apoiarnos coa prevenda do disco”, sinalan as músicas.

Másnoticias

Comer aquí es un placer, los cuatro restaurantes de Galicia que acaba de distinguir la Guía Michelin

Comer aquí es un placer, los cuatro restaurantes de Galicia que acaba de distinguir la Guía Michelin

19/07/2026
Un rayo revienta el suministro eléctrico de una casa en Salceda

Activada la alerta amarilla por fuertes tormentas en 60 concellos de Galicia

19/07/2026

A plataforma é, ademais, unha chiscadela do trío de cantareiras á súa comunidade de fans para “combatir o tanxumono” mentres que o álbum non chega. “Entre os síntomas máis comúns do tanxumono”, segundo sinalan Olaia, Aida e Sabela, inclúese “o tembleque pandeireteiro nunha das mans ou aturuxar máis de tres veces ao día sen motivo aparente”.

A Plataforma de Afectadxs polo Novo Álbum de Tanxugueiras inclúe vídeos con declaracións de afectadas que están a experimentar no seu día a día esta sintomatoloxía. É o caso dunha avoa, dun DJ e xornalista (Carlos Crespo), das ocas de Olaia ou mesmo de Laura, responsable de merchandising de Tanxugueiras. O acceso á prevenda do disco está dispoñible desde a propia páxina web da plataforma.

https://www.youtube.com/watch?v=_M9eQKcwigo

 

Novo sinxelo na noite de San Xoán

A noite meiga é unha data moi sinalada en Galicia. Tanxugueiras quere celebrar este San Xoán presentando un novo tema para “dar a benvida ao novo, ao lume purificador e deixar atrás malos recordos e cargas innecesarias”. Así, o vindeiro venres 24, a partir das 00.00 horas, Tanxugueiras publicará en todas as plataformas dixitais o sinxelo ‘Seghadoras’, tema que se acompañará dun videoclip que terá, de novo, a Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro como protagonistas.

Ao longo deste 2022, o grupo deu a coñecer algunhas das súas creacións que estarán presentes neste terceiro álbum. É o caso das recentemente lanzadas ‘Desidia’ ou ‘Pano Corado’, ademais das xa coñecidas ‘Averno’ (que conta coa colaboración de Rayden), ‘Midas’, ‘Figa’ ou ‘Terra’, temas que suman millóns de reproducións e visualizacións nas plataformas.

Temas: GaliciaTanxugueiras
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán ofrece gratis en su cine la mejor película del festival de Venecia 2025
Gafapasta

Nigrán ofrece gratis en su cine la mejor película del festival de Venecia 2025

La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025

PorUxía Pérez
23/06/2026
Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X