• Lluvia en Vigo
  • Proyecto turístico Baiona
  • Festival gratis Vigo
  • Casting Galicia
  • Parque Redondela
  • Andaina Salceda
  • Festa do Xurelo
  • Galicia Fest
  • PXOM de Vigo
  • Festa do Marisco
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Unha historia de película: recuperada 51 anos despois a novela inédita de Méndez Ferrín

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
22/04/2020

Tres libros de Mao-Tse-Tung; dúas revistas sobre Cuba; un libro sobre Hô-Chi- Minh; o poemario "Os nenos do Vietnam de Farruco", pero sobre todo tres exemplares da súa novela inédita de corenta e unha páxinas e asinada co seudónimo de Laín Feixóo, "Os corvos, a figueira e a fouce de ouro", custáronlle a Xosé Luis Méndez Ferrín ser detido, xulgado e encarcerado, durante case dous anos, por un suposto delito de propaganda ilegal. Corría o ano 1969 nunha España na que se decretara o estado de excepción, e aínda que o autor, na súa primeira declaración no mes de xaneiro na comisaría de Vigo, no proceso iniciado polo Tribunal de Orden Público, manifestou que se trataba dunha ficción alegórica, baseada en feitos reais, e que nunca pensara en publicar, a sentenza, que inclúe un detallado repertorio de fragmentos tirados da novela, condenou ao escritor por un delito de propaganda ilegal. Cumpridas as penas de prisión ás que Ferrín foi condenado, primeiro no centro penitenciario de dilixencias de Vigo e posteriormente na colonia penitenciaria de El Dueso en Santoña, os tres exemplares, así como a tradución encargada a Francisco Fernández del Riego polo xuíz instrutor do Tribunal de Orden Público, de "Os corvos, a figueira e a fouce de ouro", caeron no esquecemento.

Transcorreron, dende entón, máis de 50 anos, ata que o docente e investigador da Universidade Vigo Fernando Ramallo, logo dunha conversa co propio Méndez Ferrín en marzo de 2018, inicia un proceso que culmina a finais de 2019 coa localización, primeiro, e a restauración, posteriormente, da obra inédita do escritor ourensán. “Pasados máis de cincuenta anos, a novela que serviu como proba para a acusación e que levou a Xosé Luis Méndez Ferrín a prisión permanece inédita e durante todo ese tempo, formou parte da documentación relacionada co caso nos fondos do que actualmente se coñece como Centro Documental da Memoria Histórica, dependente da Secretaría de Estado de Cultura con sede en Salamanca”, detalla Ramallo, que a finais de 2018 recibiu a confirmación de que a novela fora localizada. Non obstante, as noticias non eran de todo boas: co paso dos anos, a obra quedara convertida nun bloque compacto por efecto da humidade, o que tamén derivara na presenza de microorganismos diversos como fungos ou insectos, razóns polas que o equipo de restauración do Archivo Provincial de Salamanca desaconsellaba por completo a súa manipulación.

Másnoticias

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

01/08/2025

El Gobierno anuncia una ayuda de 7,5 millones para la UVigo para fortalecer su área de fotónica

31/07/2025

Restauración e unha estabilización posible por unha “extraordinaria casualidade”

Dedicada a “O Piloto, derradeiro guerrilleiro e Galicia, abatido a tiros en Belesar (Lugo) no ano 1954. Na memoria de Foucellas, Ponte, Raul, Bailarín, Curuxás e tódolos xefes guerrilleiros que defenderon o honor, a liberdade, a democracia da NACIÓN GALEGA e morreron”, da novela "Os corvos, a figueira e a fouce de ouro" unicamente transcenderan ata entón os fragmentos recollidos na sentenza contra Ferrín e nos que se suceden as referencias explícitas ao antifascismo, á democracia, á revolución, aos maquis galegos asasinados, á Falanxe, ao republicanismo, á relixión ou ao nacionalismo galego. Unha vez localizada en Salamanca e confirmado o deterioro que sufrían as copias e a tradución da obra, o seguinte paso estaba claro.

“Informóusenos de que o proceso de restauración tería que ser tramitado perante o Arquivo Histórico Nacional, e que, de aceptarse suporía un logo período de tempo. A nosa resposta foi insistir na opción de restaurar o manuscrito máis aló da demora temporal que iso puidese carrexar e para achegar máis consistencia á solicitude, informamos da relevancia da obra literaria de Xosé Luis Méndez Ferrín, cunha explícita referencia a súa candidatura ao Premio Nobel de Literatura en numerosas convocatorias”, detalla, o tamén director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Fernando Ramallo. Tras a confirmación, en xuño de 2018, de que a obra fora finalmente enviada ao Laboratorio de Restauración del Archivo Histórico Nacional, o proceso de recuperación dilatouse ata mediados de setembro de 2019, e dous meses despois “recibimos as imaxes dixitais solicitadas, incluída a totalidade das relacionadas coas dúas copias da novela e unha copia da tradución, o que nos permitiu o labor de estabilización do manuscrito, isto é a súa edición”, explica Ramallo.

O “rigor e exhaustividade” do traballo de restauración do Archivo Histórico Nacional, non puido, non obstante, impedir que partes das dúas copias da novela fosen irrecuperables. A pesar desta circunstancia, “decatámonos dunha extraordinaria casualidade, sen a cal, o noso traballo de estabilización tería sido moito máis feble. Os dous exemplares estaban danados en partes próximas, especialmente na metade superior de cada unha das follas, mais en lugares diferentes. Esta ‘complementariedade’ dos fragmentos irrecuperables permitiunos unha edición sobre a que apenas tivemos que deixar partes en branco, por seren ilexibles nos dous textos”, detalla Ramallo. Pero por se esta “complementariedade” das copias non fose “un feito extraordinario en si mesmo” asegura o docente e investigador, na meirande parte dos fragmentos nos que era imposible a recuperación a partir dos manuscritos, puido recorrerse á tradución de Del Riego, que apenas se viu afectada polos microorganismos, que si danaran as follas nas que Méndez Ferrín mecanografara a súa novela.

Con apenas unha poucas palabras que non foi posible clarexar, a novela transcribiuse completamente, acordándose ademais co autor facer unha transcrición literal, respectando integramente os fragmentos perfectamente lexibles nos manuscritos, estivesen ou non de acordo coa normativa actual e marcando con cores diversas as partes construídas, incluídas as tomadas da tradución.

“Animamos ao seu autor que a faga pública”

Rematado este traballo, do que Fernando Ramallo dá conta exhaustivamente no artigo "De arquivos, memoria e literatura política: a recuperación da novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro de Xosé Luis Méndez Ferrín", que se publicará en A Trabe de Ouro, o investigador anima ao seu autor a que faga pública a novela. “Na nosa opinión, o texto, alén do seu innegábel valor literario, ten un valor histórico de primeira magnitude, polo que animamos ao seu autor a que a faga pública. Confiamos que así sexa, porque a súa publicación será o punto final da restauración e, asemade, Galicia quedará agradecida”, asegura Ramallo.

O docente tamén agradece e recoñece o traballo desenvolvido polos arquivos, “polo seu labor central na preservación, coidado e mantemento de todo tipo de documentación”, e para os que pide que non se escatimen esforzos públicos no seu fortalecemento.

Temas: literaturaUniversidade de Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Gafapasta

Romería, la esperada película de Carla Simón rodada en Vigo, inaugurará el FICBueu 2025

La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine

PorMetropolitano
31/07/2025
Enfoque

El "súper ventas" Santiago Díaz presenta uno de los thrillers del año en Vigo: "Jotadé se hace querer"

El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía

PorIván Dacal
21/07/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X