Vigo será o escenario da gala de entrega dos Premios da Cultura Galega, que o próximo martes renderá homenaxe ao fenómeno da movida viguesa como elemento clave na identidade cultural da cidade e de toda Galicia coincidindo co 40 aniversario do inicio deste movemento. Os galardóns constitúen o maior recoñecemento outorgado en Galicia neste eido e buscan poñer en valor o esforzo e o talento creativo do país.
A gala, que se celebrará no teatro García Barbón de Vigo, contará con actuacións que conectarán a escena contemporánea galega cos grandes referentes culturais de comezos dos anos 80. Así pois, actuarán artistas como as Tanxugueiras, a Escola de Danza Media Punta de Vigo ou Presumido, que será o encargado das transicións da gala. Ademais, terá lugar unha performance poética por parte do grupo Rompente a cargo de Antón Reixa, Manolo Romón e coa música de Julián Hernández, tres figuras sinaladas do panorama cultural vigués.
En paralelo, a artista baionesa Lula Goce elaborará un mural de gran formato con referencias á cidade de Vigo que formará parte da escenografía do acto e que, con posterioridade, será instalado nun espazo da cidade. Actualmente, Goce é unha artista de arte urbano con sona internacional que nos últimos tempos realizou murais a gran escala en Nova York, Azerbaixán, Virginia ou Hannover.
Deste xeito, a gala do Premios da Cultura Galega pretende ser un homenaxe ao movemento da Movida viguesa poñendo o foco no seu carácter transformador, na súa capacidade para proxectar a cultura de Galicia en todo o mundo e na súa influencia na identidade de Galicia e dos seus creadores, unha influencia que queda reflectida nalgúns dos artistas que participarán activamente na gala.
Nesta edición, o xurado designou a Xesús Alonso Montero na modalidade de Letras, Soledad Penalta na de Artes Plásticas, Monicreques de Kukas na categoría de artes escénicas, Amancio Prada na de música, a serie de televisión O sabor das margaridas no apartado de audiovisual, Pilar Ponte Patiño no de lingua, a restauración do Pórtico da Gloria na modalidade de patrimonio cultural e o programa Galego en Londres na de proxección exterior.
Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia
La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián
El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año
La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York
Con sede no campus de Pontevedra e seguimento presencial e virtual
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL