Poucas culturas poden presumir de ter un referente feminino. Galicia é un delas. Rosalía pode considerarse a nai da nosa cultura, a encargada de liderar un Rexurdimento a través da súa literatura, a través dunhas verbas que, lidas case dous séculos despois, son unha inxección de orgullo do noso, do que somos. Unha das creacións máis populares é “Adeus ríos, Adeus fontes”. Moitos din que os versos deste poema acadan unha verdadeira dimensión xusto no momento no que un deixa a nosa terra.
Pero Rosalía e moito máis que esta composición. A súa traxectoria está chea de himnos. Un deles está na súa publicación “Follas Novas”. Trátase do “Caldo de Gloria”, unha receita que simboliza ese ADN galego da supervivencia, de que con pouco basta para saír adiante. De que a pesares das dificultades do entorno, as galegas e galegos sempre atopan a saída correcta.
O “caldo de gloria” é o símbolo do poder das pequenas cousas, pequenos ingredientes que fan un prato xenial, inesquecible e eterno á nosa cultura e gastronomía galega. A busca da felicidade, en parte, tamén está aí. No reencontro cos nosos, a mirada agarimoso dunha nai, dunha parella ou dos fillos. Rosalía soubo recoller nese poema e nesa receita o poder dos galegos, a fórmula da nosa alquimia, unha alquimia que non garante a vida eterna, pero si que permite sobrevivir con orgullo e a faciana ben alta.
A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo permitiu degustar na tarde deste xoves o “Caldo de Gloria”, prato que fixeron os alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo e que foi o peche dunha xornada na que se conmemorou no edificio do Casco Vello vigués a figura da “matriarca da cultura galega”.
A sala dedicada á Rosalía de Castro na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, que leva o seu nome, mesturou esta tarde moitos dos ingredientes que identifican á escritora para preparar un acto con sabor “a gloria”. Así, co caldo descrito na súa obra Follas Novas e recuperado da man do alumnado do CIFP Manuel Antonio, coa poesía cantada e bailada polos e polas escolares que participaron no certame da Deputación, e lembrada a través do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), o evento que encheu a Sala Rosalía vestiuse coa camelia que leva o seu nome e escoitou o son estelar de Ialma, o grupo de pandeireteiras belgas netas de migrantes galegas. Todo para subliñar, como dixo a presidenta Carmela Silva, que “Rosalía provoca alegría, orgullo, que nos poñamos de pé e nos sintamos grandes e fortes. Con ela celebramos a nosa cultura, o noso pobo e celebramos ás mulleres galegas que coma ela son esa luz que nos alumea e que nos fai sentir orgullosas e orgullosos”.
Silva, acompañada das deputadas de Cultura e Lingua, Victoria Alonso, e María Ortega, amais do presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e da autora Marta Dacosta que deu lectura ao manifesto, cualificou a xornada dedicada á autora como “un día de optimismo” e incidiu en que “a bandeira de Rosalía é a nosa; como este pobo non vai celebrar a Rosalía se ela é o pobo mesmo”, dixo.
O manifesto da AELG, escrito este ano por Beatriz Maceda co título ‘Pensar [te] libre’, que segue o lema da asociación para 2022 de #SementadePensamentos, amosou “o maior acto revolucionario que nos agasallou Rosalía de Castro! Os seus versos transfórmanse nunha historia que rebela, provoca, emociona e que nos acolle para ‘eu tamén navegar’, para facernos parte dunha nosa historia propia e libre”.
O evento contou coa actuación estrela do cuarteto belga de pandeireteiras Ialma, formado por Marisol Palomo, Verónica e Natalia Codesal e Eva Fernández, fillas de migrantes refuxiadas e refuxiados en Bélxica, que se identifican con Rosalía e foron recibindo o relato das súas familias sobre o amor á súa terra. As artistas interpretaron xunto aos músicos Didier Laloy e Maarten Decombel catro cancións, “Novo alén/baila bela fada”, “Sen Niño”, “Liberdade” e “Rumuxíaba” e mentres soaban estes últimos dous temas as persoas asistentes xa puideron desfrutar da man do alumnado do CIFP Manuel Antonio do “Caldo de Gloria”, servido nunha cunca de barro de olaría artesanal que tamén se puideron levar á casa.
Sobre este caldo escribira Rosalía no poema de Follas Novas ‘Miña casiña, meu Lar’, que tamén aparece nos milleiros de manteis que estes días se repartiron entre os concellos e a hostalaría da provincia, seguindo a proposta da Fundación Rosalía de Castro. Amais do alumnado que preparou esta delicia gastronómica, outros catro estudantes do centro apoiaron no acto as tarefas de protocolo, vestidos e vestidas de época con roupa que foi empregada nunha produción sobre Rosalía do Centro Dramático Galego.
O público recibiu tamén como obsequios exemplares da camelia ‘Rosalía de Castro’ que forma parte do Xardín de Camelias con Nome de Muller do Castelo de Soutomaior –igualmente levaron plantas desta camelia os centros gañadores do concurso para plantalos nos recintos escolares–, así como o libro “Violetas no asfalto”, de Lucía Novas, que estrea a Colección Medal de Poesía feita por mulleres do servizo editorial de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación.
A Deputación volveu convocar o concurso escolar ”A Nosa Rosalía”, este ano en formato musical con vídeos nos que o alumnado da provincia musicou poemas da escritora. Na categoría ‘Airiños’ deste certame, dirixida a escolares de 4º a 6º de Educación Primaria, foron o CEIP Portonovo, de Sanxenxo (primeiro premio), o CEIP Plurilingüe Belesar, de Baiona (segundo premio) e o CEIP Chancelas, de Poio (terceiro premio).
Miña casiña, meu lar,
¡cántas onciñas
de ouro me vals!
Vin de Santiago a Padrón
cun chover que era arroiar,
descalciña de pe e perna,
sin comer nin almorzar.
Polo camiño atopaba
ricas cousas que mercar,
i anque ganas tiña delas,
non tiña para as pagar.
Nos mesóns arrecendía
a cousas de bon gustar,
mais o que non ten diñeiro
sin elas ten que pasar.
Fun chegando á miña casa
toda rendida de andar,
non tiña nela frangulla
con que poidera cear.
A vista se me barría,
que era aquél moito aunar.
Fun á porta dun veciño
que tiña todo a fartar;
pedinlle unha pouca broa
e non ma quixo emprestar.
As bagullas me caían,
que me fora a avergonzar.
Volvínme á miña casiña
alumada do luar;
rexistréi cada burato
para ver de algo atopar;
atopéi fariña munda,
un puñiño a todo dar.
Vino no fondo da artesa.
Púxenme a Dios alabar.
Quixen alcendé-lo lume;
non tiña pau que queimar;
funllo a pedir a unha vella;
tampouco mo quixo dar,
si non era un toxo verde
para me facer rabiar.
Volvín triste como a noite
a chorar que te chorar;
collín un feixe de palla,
do meu leito o fun pillar;
rexistréi polo cortello
mentras me puña a rezar
e vin uns garabulliños
e fieitos a Dios Dar.
¡Meu San Antón milagroso,
xa tiven fogo no lar!
Arriméi o pote ó lume
con augua para quentar.
Mentras escarabellaba
na cinza, vin relumbar
un ichavo da fertuna...
¡Miña Virxe do Pilar!
Correndiño, correndiño
o fun en sal a empregar;
máis contenta que unhas páscoas
volvín a porta a pechar,
e na miña horta pequena
unhas coles fun catar.
Con un pouco de unto vello
que o ben soupen aforrar,
e ca fariñiña munda,
xa tiña para cear.
Fixen un caldo de groria
que me soupo que la mar;
fixen un bolo do pote
que era cousa de envidiar;
despóis que o tiven comido,
volvín de novo a rezar;
e despóis que houben rezado,
puxen a roupa a secar,
que non tiña fío enxoito
de haber tanto me mollar.
Nantramentras me secaba,
púxenme logo a catar
para que me oíran
en todo o lugar:
Meu lar, meu fogar,
¡cántas onciñas
de ouro me vals!
Aberto á participación do alumnado dos tres campus da UVigo, o premio entregarase nunhas xornadas que se celebrarán co gallo do 25N
La divertida webserie, resultado de un taller del Curso de Medios Audiovisuais, se estrena este viernes en el Aula de Cine
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL