• Concierto O Porriño
  • Festa do Marisco
  • Radares
  • Apertura en Vigo
  • Pisos Casco Vello
  • Nuevas fechas Galicia Fest
  • Cine aire libre Vigo
  • Photocall O Porriño
  • Rodaje Vigo
  • Fiesta en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Vigo xa agarda por unha nova edición do Galician Freaky Film Festival

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
19/10/2020

O Galician Freaky Film Festival comeza a conta atrás para abrir as portas do certame, que terá lugar entre o 28 e o 31 de outubro. Debido a crise sanitaria por mor do coronavirus, o evento realizarase seguindo unhas rigorosas medidas de hixiene e prevención. Así, co obxectivo de ter un espazo seguro, este ano o festival mudará de localización e celebrarase na sala Overlook, no hotel Bahía de Vigo, na rúa Cánovas del Castillo, 24. Ademais, o director Juan de Castro explica que “levarase a cabo un estrito protocolo de seguridade co fin de garantir a saúde dos asistentes, invitados e o equipo do festival”.

Deste xeito o aforo será moi limitado, o uso de máscaras será obrigatoria para moverse polo recinto, haberá xel hidroalcohólico a disposición dos asistentes e o sentido de circulación será único. Doutra banda, asegura De Castro que “intensificarase a limpeza, tanto entre sesións coma ao rematar cada xornada”. Con todo, o festival iniciará a súa actividade o 28 de outubro cunha inauguración na que non faltará o bo cine e, coma non podía ser doutro xeito, a música.

Másnoticias

Detenida en Vigo tras agredir a la policía que la cacheaba tras robar un bolso

02/09/2025

Sidra artesanal, grandes verbenas y una gran "foliada" en esta conocida fiesta de Vigo

02/09/2025

Inauguración do festival

Caspervek Ensemble, con Brais González ao piano e á dirección, Blas Castañer á percusión, Erea Carbajales ao violín, Tonio Comesaña ao clarinete e Ainara González á trompa, serán os encargados de poñer a banda sonora en directo á un verdadeiro clásico do cinema: A carreta pantasma, de Victor Sjöström.

No filme, referente para Stanley Kubrick, autor de El resplandor, cinta homenaxeada nesta nova edición do Galician Freaky Film Festival, amósase unha historia chea de escuridade, degradación e poesía onde abundan os planos espectrais e fantasmagóricos. De feito, a obra goza de gran relevancia na historia do cinema xa que foi pioneira no uso de técnicas fílmicas nunca vistas, coma as dobres exposicións ou as elaboradísimas composicións que amosan o minucioso traballo de Julius Jaenzon á fotografía. Complementa esta excelente factura un guión moi traballado con narracións en flashbacks, afondando nos seus decadentes personaxes como é a progresiva destrución da dignidade humana por parte dunha sociedade cruel e egoísta que leva aos máis desafortunados ao camiño da violencia e a tolemia.

Caspervek estreou esta obra en Poznan (Polonia), sen embargo, a versión que será estreada en España nesta ocasión será ben diferente, unha nova versión para quinteto da partitura orixinal de 2015. Esta composición de Brais integra ademais dous temas folclóricos suecos dentro do xa propio universo e estilo Caspervek.

Xusto despois desta musicalización, chegará Nimic, curtametraxe dirixida polo aclamado Yorgos Lanthimos, autor de obras coma Langosta ou La favorita, esta última nomeada ao Óscar ao mellor director en 2019.

A obra, que será estrea en Galicia e non está na sección oficial, ven de proxectarse en Locarno e Melbourne e narra a historia dun violonchelista profesional e coma un encontro cunha estraña no metro terá unha serie de consecuencias inesperadas na súa vida.

Devorados por la noche, a curta de clausura

Nimic non será a única curta especial que se poderá ver no GFFF. Por iso, na gala de clausura os asistentes terán ocasión de desfrutar dunha estrea mundial: Devorados por la noche, de Óscar Doviso. O filme, situado nos anos 80, contará o que lles acontece a un cantante dunha banda de rock e o seu grupo logo dun concerto.

A venda de entradas, soamente online

Debido a actual crise sanitaria e para facilitar a xestión e os trámites, as entradas estarán unicamente dispoñibles a través da web do GFFF.

Neste sentido, os asistentes terán a opción de mercar un abono VIF, con acceso a todos os pases e actividades do certame ou escoller unha entrada para a inauguración. Ademais, ao ter un aforo moi limitado, existirá a posibilidade de ver a sección oficial online, podendo facerse co billete correspondente na web.

Temas: festivales de cine en Galiciafestivales en GaliciaGalician Freaky Film FestivalVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Gafapasta

Romería, la esperada película de Carla Simón rodada en Vigo, inaugurará el FICBueu 2025

La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine

PorMetropolitano
31/07/2025
Enfoque

El "súper ventas" Santiago Díaz presenta uno de los thrillers del año en Vigo: "Jotadé se hace querer"

El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía

PorIván Dacal
21/07/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

06sep11:00Festival Boas Vibes de TuiFESTIVALES | TUI

06sep(sep 6)16:15Negrita Music Festival en O PorriñoFESTIVAL | O PORRIÑO

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X