Que a chegada do verán non sexa escusa para deixar de lado a práctica deportiva e de actividade física. Este é o obxectivo da Área de Benestar, Saúde e Deporte, que propón á comunidade universitaria aproveitar todas as posibilidades que ofrece o campus de Vigo a través do programa Exploracampus. Trátase, como explica Javier Rial, director técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte, de “chamar a atención sobre as posibilidades que ten o campus e a súa contorna para desenvolver actividades físicas”, por exemplo camiñar, andar en bicicleta, correr ou practicar orientación.
O que se busca é potenciar que, ademais dos programas de actividades dirixidas ou de uso das instalacións deportivas, a xente empregue o campus como lugar para a práctica deportiva pola súa conta. Para iso contan con pistas de carreira a pé, préstamo de BTT, roteiros ambientais a pé ou en bicicleta, etc. Trátase, en definitiva, de converter o campus nun ximnasio ao aire libre.
Para as e os que prefiran empregar as instalación deportivas do campus ou participar en actividades dirixidas existe a opción do Abono Muver de verán, que dá acceso ás instalacións deportivas da Universidade de Vigo nos tres campus durante todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa e pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo).
Ademais, tamén se pode participar de balde nas actividades dirixidas de fitness incluídas no abono e ter un seguimento técnico dos programas de adestramento. A maiores, as e os abonados mUVer que formen parte da comunidade universitaria benefícianse dun 20 % de desconto nas escolas deportivas e nas actividades puntuais no medio natural, como son os programas Augaventura e Delecer.
O prezo do Abono Muver verán é de 15 euros para a comunidade universitaria UVigo, familia e Alumni UVigo; 22,50 euros para outras persoas e colectivos vencellados á UVigo e 30 euros para persoas alleas e comprende dende o 1 de xuño ata o 31 de agosto.
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL