• Nuevo paintball en Vigo
  • Outono Gastronómico Galicia
  • "Little Italy" Vigo
  • Bono Turismo
  • Nuevas cabañas
  • Festival de 4 días
  • Mercado en Vigo
  • Visitas al barco de Perú
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA General

Vigo xa goza de PurtAlMar, a primeira peza do proxecto de "Peiraos do Solpor"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
29/04/2021

Durante o ano 2020 investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo participaron, da man da Autoridade Portuaria de Vigo, na primeira fase do proxecto Peiraos do Solpor, unha iniciativa que ten como finalidade recuperar e poñer en valor a biodiversidade mariña dos ecosistemas portuarios ao tempo que converte estas zonas nunha ferramenta de concienciación e goce para a cidadanía.

Esta primeira etapa, denominada PuertAlMar, conclúe esta semana as súas actividades tanto científicas como divulgativas. De feito, este xoves presentáronse no Porto de Vigo unha serie de paneis divulgativos así como un balance da eficiencia das estruturas somerxibles para o asentamento de organismos mariños instaladas polos científicos do CIM-UVigo. Neste acto de peche estiveron presentes o presidente de la Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, xunto cos investigadores do Grupo de Ecoloxía Costeira do Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo) Jesús Troncoso, Mariano Lastra e Jesús López, entre outros, así como unha representante da Asociación Cultural e Deportiva do Porto.

Másnoticias

Trasladado al hospital de Vigo un hombre al que le cayó un árbol mientras cortaba madera

14/09/2025

La 'estafa del alquiler' llega a juicio en Vigo, le acusan de cobrar 1.200 euros de fianza y no entregar el piso

14/09/2025

187 especies colonizaron os arrecifes artificiais

Co fin do proxecto PuertAlMar, Promoción da recuperación de áreas alteradas en contornas marítimo-portuarias e os seus beneficios para o desenvolvemento de actividades pesqueiras: sensibilización e divulgación, conclúe a primeira fase da iniciativa da Autoridade Portuaria de Vigo Peiraos do Solpor, que foi galardoada co Óscar ao Medioambiente. Durante a súa execución, o equipo de investigadores da UVigo deseñou e instalou diversas estruturas para facilitar a restauración de zonas litorais afectadas polas infraestruturas portuarias. A monitoraxe realizada durante os 12 meses posteriores á instalación destes “arrecifes submarinos artificiais para o asentamento de organismos”, como explica o catedrático Souza Troncoso, permitiu constatar que se fixaron a eles 187 especies, o que se traduce nunha captura de CO2 superior a 6 Kg por metro cadrado.

A divulgación, a outra pata do proxecto

Financiado pola Fundación Biodiversidad a través del Programa Pleamar, o proxecto PuertAlMar ten, ademais da compoñente científica, unha vertente divulgativa moi destacada. Durante esta parte da campaña, desenvolvida nas últimas semanas, déronse a coñecer os resultados do proxecto a través de diferentes actividades, facendo fincapé na importancia dos ecosistemas mariños portuarios, a integración das actividades industriais, así como a necesidade de conservar e recuperar ecosistemas costeiros alterados. Para isto tiveron lugar xornadas tanto con profesionais do sector, como con escolares e coa cidadanía en xeral.

O obxectivo, ademais de divulgar e perseguir unha maior concienciación ambiental na sociedade, era buscar sinerxías que potenciasen actuacións para favorecer a conservación da natureza. Para iso, a Autoridade Portuaria de Vigo, coa colaboración da Autoridade Portuaria de Melilla e a Universidade de Vigo, impartiron varios talleres en liña con preto de 400 escolares e 50 profesionais do sector da economía azul.

Outra das iniciativas divulgativas postas en marcha consiste na instalación dos paneis interpretativos presentados este xoves, localizados na dársena da Laxe e nos que a cidadanía poderá observar a colonización e sucesión ecolóxica do litoral portuario. Os carteis están dotados con códigos QR para acceder ao contido multimedia.

Finalmente, a derradeira das actividades de PuertAlMar terá lugar mañá, cunha visita organizada pola Autoridade Portuaria de Vigo coa colaboración da Universidade de Vigo e da Asociación Cultural e Deportiva do Porto á zona na que están instadas as estruturas submarinas e os paneis. O percorrido ten como finalidade dar a coñecer aos traballadores da terminal olívica e ás súas familias en que consisten estes peiraos e, para facelo, contarán cun drone subacuático que permitirá aos asistentes mergullarse nestes xardíns mariños xerados a partir das estruturas artificiais somerxidas polos investigadores do CIM-UVigo.

Temas: puerto de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

General

Denuncian que hay hasta 86 vacantes de profesorado sin cubrir en el área de Vigo

Aseguran que el curso en Vigo arranca en "la peor situación en décadas". Señalan que se han multiplicado las medias jornadas y se reducen los recursos

PorMetropolitano
10/09/2025
Foto: Europa Press
General

Los incendios vuelven a cortar la circulación de trenes de Alta Velocidad entre Galicia y Madrid

Nuevo corte en la circulación de trenes de Alta Velocidad entre Galicia y Madrid. Esta vez por la proximidad del fuego a las vías entre Vilavella y Porta de Galicia

PorIván Dacaly1 Otros
13/08/2025
General

Rescate 'in extremis' en Vigo de una joven que quería saltar desde la última planta de un edificio

Rescate 'in extremis' de una joven en Vigo que pretendía tirarse al vacío. Lograron distraerla hasta poder agarrarla, aunque un agente resultó herido

PorEuropa Press
11/08/2025
Enfoque

Así es el informe interno que relata lo sucedido antes del asesinato de Teresa en O Porriño

La empresa reconoce que Teresa había renunciado. Esa mañana, un familiar del presunto asesino señaló que él tenía problemas psicológicos

PorÁngel Vila
30/07/2025
Enfoque

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

PorCarlos I. Castrillón
11/09/2025

O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X