O Concello de Redondela iniciará os trámites para a licitación da obra de remodelación e rehabilitación das antigas dependencias do Conservatorio de Música, unha vez recibida a correspondente autorización da Xunta de Galicia, necesaria ao tratarse dun inmoble enclavado no Camiño de Santiago ao seu paso pola vila redondelá.
Este primeiro paso de licitación do proxecto, marca o inicio dunhas obras que contarán cun investimento de preto dos 300.000 euros ao abeiro das liñas establecidas para a rehabilitación e mellora do Patrimonio Histórico e Cultural e a creación de novos eventos culturais.A concelleira de Urbanismo, María Castro, subliña o feito de que a recuperación deste inmoble “non é unha obra illada, senón que forma parte dun amplo plan de rehabilitación e posta en valor do patrimonio histórico do municipio".
Trátase pois de remodelar para que, unha vez rematados os traballos, poida acoller no primeiro andar as Oficinas de Turismo que, como todas as obras que desenvolve o Goberno local, estará adaptada a todas as normas de accesibilidade. A planta baixa recuperaríase para a función de espazo de usos múltiples no que desenvolver actividades e eventos co fin de "poñer en valor o acervo cultural do municipioç2.
Trátase de “obras de alcance”, explican tanto a alcaldesa Digna Rivas como a concelleira de Urbanismo, xa que non se trata de pequenas reformas, “senón da rehabilitación integral, interior e exterior", de todo o edificio. Así, as obras no exterior, incluirán traballos de recuperación na fachada, cuberta e carpintería exterior, mentres que no interior redistribuiranse os espazos e levaranse a cabo todas aquelas accións encamiñadas a adaptar o inmoble ás normativas de accesibilidade e seguridade.
Cómpre salientar que pola rúa Isidoro Queimaliños, onde se atopa o edificio, discorre o Camiño de Santiago e que, o turismo de peregrinos supón, no caso de Redondela, preto do 90 % do fluxo turístico do municipio. O Goberno redondelán lembra que o municipio “conta cun importante patrimonio cultural, que é necesario poñer en valor”. A alcaldesa Digna Rivas salienta o feito que a través deste programa “estanse a poñer en marcha un conxunto de actuacións que recuperen e rehabiliten o patrimonio histórico de Redondela”, un patrimonio, recalca, “que corre un grave perigo de deterioro e, polo tanto de desaparición e que inclúe xacementos arqueolóxicos, casas históricas ou cemiterios de
El mercado de Oia pronto lucirá su nueva imagen. Xunta y Concello ya han firmado un acuerdo para la reforma de todo el entorno
La compañía aérea Binter ofrece dos nuevas frecuencias a las Islas Canarias este verano. ¡Descubre aquí qué días y los horarios!
La Xunta anunció la licitación del proyecto y de la dirección de obra del edificio que acogerá los alojamientos con alquiler asequible para jóvenes en Vigo
Para el sábado y el domingo, las citas en Vigo y su área estarán marcadas especialmente por la música en directo
El objetivo de esta alianza es identificar y cuantificar los principales tipos de polen con capacidad alergénica
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL