O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras, deu por rematados os traballos de mellora de firme e xestión de augas pluviais no camiño da Carballeira, na parroquia de Cedeira. Os traballos, realizados ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, contaron cun investimento de 16.897,77 euros.
O camiño contaba cunha superficie de rodadura en aglomerado e formigón moi deteriorada, o que supuña un evidente risco para a seguridade das e dos usuarios. Os traballos realizáronse nun treito de algo máis de 178 metros cunha anchura media de 3,79 metros. Para a mellora do firme foi precisa a demolición de recrecidos en formigón para poder nivelar a superficie sobre a que, posteriormente, estendeuse e compactouse unha capa de rodadura de seis centímetros de espesor con mestura bituminosa en quente.
Tal e como figuraba no proxecto, as obras incluíron tamén a xestión das augas pluviais co entubado das mesmas e dotando as zonas das correspondentes arquetas de rexistros. As actuacións forman parte das labores de mellora e adecuación da rede viaria municipal de cara a facilitar a mobilidade da veciñanza e garantindo as condicións de seguridade tanto para vehículos e peóns.
Los menús del nuevo servicio "XantaMos" llegan listos para comer, sin congelar, necesitando solo un par de minutos en el microondas
A investigadora e piragüista lograba neste 2025 o seu segundo ouro nun Campionato do Mundo
Aseguran que el curso en Vigo arranca en "la peor situación en décadas". Señalan que se han multiplicado las medias jornadas y se reducen los recursos
Nuevo corte en la circulación de trenes de Alta Velocidad entre Galicia y Madrid. Esta vez por la proximidad del fuego a las vías entre Vilavella y Porta de Galicia
Begoña Vila leva recibido múltiples recoñecementos pola súa carreira, incluíndo a Medalla da NASA para o Logro Público Excepcional en 2016
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL