• Brincadeira Bouzas
  • Alcampo en Galicia
  • Alerta por temporal
  • Parque acuático Portugal
  • Apertura en CC Gran Vía
  • Novedad en Vialia
  • Rodaje Netflix
  • Conciertos en Castrelos
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Un espectáculo de cociña ao vivo e unha palestra para homenaxear a Fernández del Riego

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
13/05/2023

“Si Galicia sobreviviu e ten como pobo un porvir dediante e unha misión histórica é porque conta cunha fala de seu”. Con estas verbas do discurso de ingreso de Francisco Fernández del Riego na Real Academia Galega en 1930 comezou hoxe o acto central das Letras Galegas 2023 da Deputación de Pontevedra en homenaxe ao autor.

Unha palestra a cargo da integrante da Editorial Galaxia e padroeira da Fundación Penzol, Malores Villanueva, e un espectáculo de cociña en vivo do chef Rubén González puxeron o broche de ouro á reivindicación de Del Riego como un home que, en palabras da deputada de Lingua María Ortega “só entendía estar no mundo como galego e purraba por todo o que implicase avance e progreso para Galicia, que teimou por facer máis culta e libre”. O evento contou, ademais, coa participación da académica Fina Casalderrey.

Másnoticias

Foto: IES Castelao de Vigo

Un instituto de Vigo se lleva un premio de la Xunta

26/02/2025
Foto: RAG

La RAG premia a un colegio de Cangas por un trabajo sobre Luisa Villalta

22/10/2024

A deputada de Lingua abriu o evento, subliñando que a festividade máis importante da cultura galega, que cumpre sesenta anos este 2023, foi produto da invención de Francisco Fernández del Riego, de quen “exerceu durante toda a súa vida unha incansable ‘MILITANCIA POLA LINGUA’”. Lembrouse que foi secretario xeral das Mocidades Galeguistas durante a II República, membro do Seminario de Estudos Galegos, foi un dos fundadores da editorial Galaxia, presidiu a Real Academia Galega e foi director da Fundación Penzol, “exercendo de tradutor, editor e articulista sen desalento, tamén lle debemos a construción dun galego universal no século XX”.

Ortega, facendo tamén relevancia da súa responsabilidade como deputada de Memoria Histórica, lembrou que a Del Riego tocoulle vivir “entre persoas e tempos escuros” superando momentos complexos pola súa ideoloxía, polos que tivo que agocharse e deixar de usar o seu apelido para poder exercer a súa actividade académica, para a cal estaba inhabilitado polo réxime, chegando a estar dúas veces no cárcere (unha en A Parda).

Tamén salientou que como “home de acción e persoa pragmática, foi considerado por moitas o ministro de exteriores do galeguismo e (...) desempeñou un papel clave na vinculación entre o universo do exilio franquista e a Galiza do interior.

Ademais de todos os aspectos destacados da súa influencia na lingua galega, a deputada puxo de relevo que a Deputación tamén quixo achegarse “á súa versión máis gastronómica”. Por iso, seguindo a Otero Pedrayo que chamaba a Del Riego “pontífice do manxar escolleito” no seu poema ‘Marcha triunfal’, asegurando que celebraba “épicas ceas louvadas”, o Departamento de Lingua organizou unha demostración de cociña en vivo cos seus produtos favoritos a cargo do cociñeiro Rubén González.

Este fixo un percorrido por tres dos lugares máis importantes da vida do autor (Galiza, Arxentina e París), con pratos galegos, arxentinos e franceses. A xornada rematou cantando a peza ‘A miña burriña’, o tema co que Del Riego finalizaba todas as súas papadelas.

Unha Galicia dona de seu

Malores Villanueva fixo un percorrido pola biografía de Francisco Fernández del Riego tanto dende un punto de vista íntimo e persoal como do seu compromiso político e coa cultura e a lingua galega. Falou na súa palestra de cuestións triviais como a afección ao fútbol (era siareiro do Celta), á praia, e tamén á gastronomía (asegurou que a estaría moi contento da degustación e festa da Deputación na súa honra) e salientou que “queimou a súa vida na construción dunha Galicia dona de seu”.

Definiu a Del Riego como home de esquerdas, un nacionalista-socialista que iniciou a súa traxectoria pública como líder estudantil significado. Lembrou os momentos máis complexos nos que estivo na cadea pola súa ideoloxía (en 1947 e 1955) e salientou que era un home de acción que estivo detrás de case todas as iniciativas culturais da posguerra: calquera proxecto, por pequeno que fose, lle parecía importante e era incapaz de dicir que non se a súa participación aseguraba a presenza do galego.

En 1963, subliñou Villanueva, tres proxectos transcendentais para Galicia: a creación do Día das Letras Galegas, da Fundación Penzol e a publicación da revista Grial, despois de ser censurada en 1952, iniciativas nas que destaca a figura de Del Riego. “A súa cabeza sempre matinaba como aglutinar novamente o galeguismo e levar a cabo proxectos que fosen ponte coas xeracións anteriores. Niso queimou a vida, na idea dunha Galicia dona de seu, unha causa que transmitía con entusiasmo, compromiso e lealdade”.

Destacou a investigadora que “o amor e o servizo a Galicia foi o que o moveu toda a súa vida”, e sinalou que na Fundación Penzol, deixou en doazón toda a súa biblioteca a disposición, a maior de fondo privado sobre Galiza de todo o mundo

Todas as persoas que participaron no evento levaron a copia facsimil dun artigo escrito por Del Riego durante a II República, cando apenas tiña 19 anos, no que como activista universitario chama ao erguemento da cultura galega. “Xa tiña claros os seus ideais”, dixo a deputada de Lingua, cando A Nosa Terra publicaba no 1932 o texto ‘Fiestra sobor da lingua galega’.

A académica da RAG Fina Casalderrey subliñou que “Galicia precisa máis militantes pola lingua como Don Paco”. Salientou que era un “executivo que tiña ideas, as poñía a andar e levaba a termo. Era un xardiñeiro que sementou as letras galegas e tivo unha resistencia heroica malia as durísimas circunstancias da posguerra. Todas as súas horas dedicoullas a Galicia”, subliñou.

Temas: Día das Letras GalegasLetras Galegas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto: Mercado Reciclado
General

El Mercado Reciclado más sostenible llega a Vigo este fin de semana con múltiples actividades

Este fin de semana se celebra una nueva edición del Mercado Reciclado. Habrá talleres, sesiones de baile, ropa de segunda mano, vintage o upcycling

PorIván Dacal
02/05/2025
Foto: Pazo A Toxeiriña (Moraña)
General

La provincia de Pontevedra celebrará una Gala de Turismo histórica en una de sus joyas interiores

Un viaje por el interior de la provincia de Pontevedra, con música en directo y reconocimientos. Así será la Gala de Turismo de la Diputación

PorAlfredo Teja
28/04/2025
Enfoque

Las bandas de Vigo podrán grabar sus propios temas gratis con esta iniciativa

Con esta iniciativa las bandas de música y artistas de Vigo podrán ser escogidas para grabar su propia música y promocionarse

PorGabriel González
26/04/2025
Enfoque

El talento vigués de Fon Cortizo triunfa en Moscú con el premio al mejor cortometraje

"Abellón" se hizo este jueves con el Premio al Mejor Corto en el Festival Internacional de Cine de Moscú entre los 12 seleccionados

PorÁngel Vila
25/04/2025
Enfoque

Inventos de Vigo que cambian la vida, de detectar baches a una app para buscar objetos perdidos

PorMetropolitano
08/05/2025

Este viernes se podrán ver estos innovadores proyectos y prototipos en el Museo Verbum, donde será la entrega de premios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

09may18:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X