• Nuevo hotel Vigo
  • Spa en Vigo
  • Huevos caseros
  • Festival acuático
  • Festa do Salmón
  • Famosos en Vigo
  • Liquidación Vigo
  • Tráfico Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Igualdad

A Deputación presenta unha “potente” programación polo 8M para reclamar a paridade

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
28/02/2022

A reivindicación da Axenda da Paridade, “indispensable para chegar a unha igualade plena”, marcará este ano a amplísima programación da Deputación de Pontevedra para este 8M con máis dunha trintena de accións que, como anunciou a presidenta Carmela Silva, se desenvolverán ao longo de todo o mes de marzo. Acompañada de asociacións feministas, mulleres da empresa, da universidade, da cultura, da ciencia e de representantes da arte, da política e da economía, da sociedade e da música, Carmela Silva volveu incidir en que “a igualdade é o reto e a loita prioritaria desta institución e a creación de redes coas mulleres da provincia o noso maior compromiso”. A presidenta mostrou “o agradecemento a todos os colectivos de mulleres, o noso orgullo e o noso optimismo porque, se poña como se poña o machismo, non hai quen nos pare. Estamos decididas a cambiar o mundo e ninguén nos vai deter”. O acto, que se desenvolveu nun Salón de Plenos ateigado de mulleres da provincia, contou coa actuación musical do grupo “As Lembranzas”.

Ao fío do lema deste ano “Feminismo é conseguir a Axenda da Paridade”, a presidenta provincial mostrou a súa preocupación porque “estea desaparecida da primeira liña”, e sinalou que “reivindicaremos o noso espazo en todos os ámbitos”. Carmela Silva, que citou expresamente ao movemento feminista “porque todas somos as súas herdeiras e seguimos a súa estela”, subliñou o carácter pacifista da fermosa loita pola igualdade. “Nestes tempos tan convulsos as mulleres dicimos Non á Guerra porque nós sumamos palabras, ideas e reivindicacións pero non coñeceredes a ningunha muller que teña declarado unha guerra”.

Másnoticias

Foto: Deputación de Pontevedra

Vídeo | Así son las curiosidades de la toponimia en Baiona

17/05/2025
Pincho de requesón y miel en la presentación de la fiesta de As Neves // Turismo Rías Baixas

Así es la food truck que transformará las fiestas gastronómicas más top de Pontevedra en pinchos

17/05/2025

A programación

A programación do 8M deste ano estará centrada nos cinco eixos da Axenda da Paridade e na denuncia da infrarrepresentación das mulleres na política, na economía e na empresa, nos medios de comunicación, no saber e na creatividade.

En torno á política as accións xa arrancaron xa o pasado venres coa lectura da declaración institucional polo 8M no Pleno da Deputación, que este ano correu a cargo da politóloga Priscila Retamozo. O 7 de marzo despregaranse as pancartas co lema deste ano nas sedes centrais da Deputación en Pontevedra e Vigo, que dende a madrugada do 8M estarán tamén iluminadas en cor morada. Ademais, estas cidades acollerán os actos centrais do propio 8M. En Pontevedra a escalinata do Pazo Provincial converterase nun escenario no que a artista e trapecista Sue Moreno combinará acrobacias aéreas, con teatro, danza e canción en directo para tratar temas como a corresponsabilidade e a desigualdade. A peza, que leva por título “4.0”, poderá verse ás 11.00 horas e en caso de choiva trasladarase ao vestíbulo do Pazo. Pola tarde, ás 17.00 horas, as paredes da Sala Rosalía de Castro da sede de Vigo acollerán unha instalación artística titulada “Las Locas. A nosa historia emocional acubíllanos” que é froito dunha acción participativa na que mulleres de varias asociacións de Vigo, coordinadas pola artista Mariana Sellanes, crearon unha enorme manta “cobija” tipo patchwork. Ademais, o propio 8M a Deputación apoiará as manifestacións que se celebren reivindicando de xeito especial a abolición da prostitución. Neste eido, Carmela Silva, que denunciou os “datos arrepiantes da situación das mulleres prostituídas” foi tallante: “É unha vergoña, esiximos de forma inmediata unha norma que supoña a abolición da que é a maior manifestación de desigualdade”.

No eido da Empresa-Economía desenvolverase ao longo do mes unha nova campaña en liña “Elixe Produto Local. Elixe Igualdade” e realizarase unha homenaxe ás Mulleres do Mar ao acoller na Sala Rosalía da sede de Vigo a entrega dos II Premios Mulleres Salgadas, que terá lugar o 18 de marzo. Ademais, co fin de difundir a relevancia da Axenda da Paridade nos Medios de Comunicación a Deputación ten programada un plan de difusión e visibilización de mulleres referentes en diferentes ámbitos coa súa participación en relatorios, debates e mesas redondas.

No eixo do Saber a institución continúa apostando pola Escola de Igualdade María Vinyals. Ao seu abeiro desenvolverase unha intensa programación que contará con catro conferencias do ciclo “GCiencia. Ciencia en feminino” que terán lugar os xoves 3, 10, 17 e 24. A Deputación tamén contará con actividades para a mocidade da man do ciclo “Canteira de Igualdade”, que se celebrará todos os sábados de marzo, e apoiará en Vigo a Feira Exposición Científica “A ciencia que vén ten nome de muller” dende o 18. Ademais, entre o 23 e o 25 o auditorio de Ponteareas acollerá o programa “A maleta dos océanos da Axenda 2030” e a exposición “O mar das mulleres”, dentro da Semana da Ciencia. A programación en torno ao saber completarase coa exposición “Pontevedra en América: unha mirada en feminino”, da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela, dende o 31 de marzo no Pazo Provincial.

A reivindicación da paridade tamén chegará ao campo da Creatividade con distintas accións da VII edición de “Mulleres en Acción. Violencia Zero” que estará o 17 de marzo ao auditorio municipal de Caldas con “A astronauta de campo”, unha acción de Marta Cofiño, e a finais de mes en Agolada co obradoiro “Arranxando letras”, de Esperanza Mara. Ademais, os días 6, 7 e 8 de abril a artista Pilar V. de Foronda levará a cabo unha acción no Centro Penitenciario da Lama. No marco deste programa hoxe presentáronse as bolsas de tea deseñadas polas artistas Eva Fandiño, Andrea López e Nuria Díaz, que serán distribuídas nos concellos nos que se leven a cabo as accións.

A Deputación tamén apostará pola música coa celebración o 11 de marzo do primeiro concerto da II edición de Descúbreas. A cita terá lugar na escalinata do pazo provincial. Logo, o día 18 ás 17.00 horas, a sede de Vigo acollerá un obradoiro de creación artística con Rosa Neutro titulado “Recoller / Reciclar / Recrear” que está dirixido a persoas maiores de 16 anos. Para os días 26 e 27 de marzo e 2 e 3 de abril a Deputación desenvolverá no concello de Silleda un novo e ambicioso proxecto: “Mulleres Extramuros” que será presentado proximamente no Deza. Ademais, o programa “Conectadas” xa está en marcha e en marzo volveranse a convocar os Premios #Mulleresnofoco da man de CIMA que este ano se entregarán en Pontevedra.

O Museo de Pontevedra tamén terá a súa propia programación. Así, do 8 ao 11 de marzo terá lugar "Artistas invisibles”, un percorrido polas obras de mulleres artistas da colección, o día 9 acollerá a representación da obra de teatro infantil “Carabranca”, o 10 terá lugar o coloquio “Aínda queda moito ferro!” e o día 11 haberá teatro para o público adulto baixo o título de “Matrioskas”.

A maiores de esta extensa programación, a Deputación apelará dun xeito especial á corresponsabilidade durante todo o mes de marzo coa campaña “Sen coidados o mundo párase”. Tamén será en marzo, o 23 cando institución dea a coñecer á nena ou neno gañador do concurso de Nadal “Búscase a Talento” cuxo premio consistirá nunha historia escrita por Ledica Costas na que o debuxo desta crianza será o protagonista. O mesmo día presentarse a guía da campaña “Búscase a Talento”. Ademais, a iniciativa en redes sociais “365 Días – 365 Mulleres” continuará por segundo ano nas canles institucionais da Deputación.

Temas: 8MDeputaciónDeputación de PontevedraDía Internacional de la Mujerfeminismoigualdad
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Fiestas

Vuelve la histórica Festa do Salmón a menos de una hora de Vigo y estos son los precios

La orquesta París de Noia, tapas a 4 euros y un ambiente top. Así es la Festa do Salmón que se celebra este domingo a menos de una hora de Vigo

PorAlfredo Teja
17/05/2025
Qué hacer

Música y vermú para disfrutar de un domingo casi veraniego en Nigrán

Vermú de Barrio llega este domingo con el penúltimo concierto de su programación que comenzó el pasado domingo 27 de abril

PorGabriel González
17/05/2025
Imagen de archivo del programa Conexións Vigo
Música

La calle Príncipe de Vigo se convertirá en el gran escenario de una nueva actuación musical

Un concierto al aire libre para sorprender a Vigo en pleno centro. Así es esta cita que aterrizará el domingo en la calle Príncipe

PorMetropolitano
17/05/2025
SHUTTERSTOCK.COM
Fiestas

La gran fiesta de los huevos caseros en el área de Vigo vuelve con festival y diferentes propuestas culinarias

El evento perfecto para los amantes de los huevos caseros llega al área de Vigo. No te pierdas esta fiesta gastronómica top

PorIván Dacal
17/05/2025
Enfoque

A UVigo acada cinco contratos con empresas para desenvolver tecnoloxías aeroespaciais

PorMetropolitano
16/05/2025

Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

16mayTodo el díaFIESTA DE LOS CALLOS EN TEISFIESTA | TEIS

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

31may12:00VERBENA MARKET EN VIGOMERCADILLO | VIGO

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X