• Heladerías en Vigo
  • AVE Vigo Madrid
  • Piscinas Portugal
  • Rock in Río Tea
  • El Tiempo en Vigo
  • Oposiciones Sergas
  • Tiendas en Vigo
  • Ikea en Vigo
  • Precios Parque Acuático
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Igualdad

Investigadoras da Uvigo analizan o acoso que esconden os piropos

Dos hombres piropean a una mujer // iStock/Rawpixel

Dos hombres piropean a una mujer // iStock/Rawpixel

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
14/01/2021

Na teoría, seguindo a definición do dicionario, un piropo é unha “palabra ou dito amable con que se gaba a alguén coa intención de agradarlle”. Na práctica, nunha sociedade na que a igualdade de xénero non está acadada, esa palabra “amable” pode levar consigo a obxectivización sexual da muller e representar unha expresión de “sexismo benevolente”. Co obxectivo de afondar no seu uso tanto na poboación adulta como nas futuras xeracións, investigadoras da Universidade de Vigo desenvolven un proxecto pioneiro en España centrado no acoso sexual a través dos comentarios sobre o corpo nas relacións interpersoais.

O proxecto, denominado IgualaMÁS, está financiado pola convocatoria de 2019 de Proxecto de I+D+i, na modalidade Retos de Investigación, do Ministerio de Ciencia e Innovación. Iniciado en 2020, ten unha duración de tres anos e as súas responsables son as investigadoras do Grupo de Investigación en Sexualidade, Xénero e Saúde da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense María Lameiras e Yolanda Rodríguez. Con el dáse continuidade a unha liña de investigación neste eido iniciada en 2015 por María Lameiras, investigadora principal do proxecto e catedrática da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico, coa especialidade en Sexualidade e Estudos de Xénero.

Másnoticias

A UVigo reivindica “a teima por imaxinar” de Isaac Díaz Pardo

09/06/2025

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

Do xefe á parella

Segundo explican as responsables de IgualaMÁS, “a obxectivización sexual a través dos comentarios que as mulleres reciben sobre o seu corpo ou partes do seu corpo en forma de piropos representan as máis frecuentes expresións de sexismo benevolente, máis encuberto e sutil fronte ás expresións de sexismo hostil (Glick & Fiske, 1996, 2001), que converte a estas experiencias de obxetivización en máis difíciles de identificar e en consecuencias de combater”. Tendo en conta que “os prexuízos teñen que ser primeiramente percibidos para poder ser posteriormente desafiados”, o proxecto, comentan as investigadoras, márcase como obxectivo xeral identificar, “por primeira vez no contexto español”, a presenza e impacto nas mulleres dos comentarios sobre o seu corpo en forma de piropos (tanto relativos á aparencia como ao corpo sexuado) nos ámbitos de estudo/traballo, emitidos por docentes/xefes e/ou compañeiros/colegas; na rúa/espazos públicos, emitidos por descoñecidos, e no espazo das relacións íntimas, emitidos por noivos ou parellas, “aínda escasamente estudado a pesar da frecuencia coa que poden ser vividas as experiencias de obxetivización nestes contextos”.

No estudo, engaden María Lameiras e Yolanda Rodríguez, “incorpórase por primeira vez aos homes como participantes dunha investigación sobre obxectivización para determinar como estes usan e perciben o impacto que os piropos teñen nas mulleres nos diferentes espazos (laboral-académico/na rúa/relacional), e en segundo lugar en que medida o acto de facer piropos está vinculado á construción hexemónica da masculinidade e ao sexismo (hostil/benevolente), e se este vínculo se mantén nas xeracións máis novas”. Trátase, apuntan, de “determinar en que medida os comentarios sobre o corpo das mulleres en forma de piropos seguen ancorados ao modelo de feminidade e masculinidade hexemónicas que perpetúan as desigualdades e as violencias que sofren as nenas e mulleres”. A obxectivización das mulleres, explican as investigadoras da UVigo, “está intimamente conectada cos estereotipos de xénero que describen e prescriben a identidade e condutas de homes e mulleres, o que permite manter ancorada a identidade das mulleres (receptoras pasivas de comentarios sobre o seu corpo) e os homes (emisores activos de comentarios sobre o corpo das mulleres), ao substrato da heteronormatividade, e perpetúa a construción dunha masculinidade tóxica que mantén a asimetría de poder e, con iso, a desigualdade e a violencia contra as mulleres”.

Sobre a relevancia social deste proxecto e da temática que aborda, as súas responsables comentan que “é moi alta debido ao impacto que a violencia de xénero ten na nosa sociedade”. Así, tomando como referencia os datos da última enquisa da Unión Europea e o último informe de Nacións Unidas, lembran como un 43% de mulleres en Europa sofren violencia psicolóxica polas súas parellas, un 20% violencia física e un 7% violencia sexual e como o 58% dos asasinatos de mulleres no mundo o seu agresor foi a súa parella/exparella ou familiar masculino. “Todo isto impulsa a necesidade e urxencia dos estudos destinados á erradicación da violencia contra as mulleres que ten na cousificación/obxectivización dos seus corpos o centro neurálxico a partir do que se explica/xustifica o exercicio desta violencia e que ten no asasinato de mulleres a súa expresión máis grave”, sinalan as investigadoras. Neste contexto, engaden, o proxecto IgualaMÁS “pretende mellorar o coñecemento sobre as formas máis sutís e menos recoñecidas de discriminación e violencia contra as mulleres, que se manifestan a través dos comentarios emitidos sobre o corpo en forma de piropos. A partir deste coñecemento será posible desenvolver estratexias de intervención máis eficaces coas que contribuír a promover espazos libres de violencia de xénero”.

Temas: Universidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Informe demoledor, las gallegas trabajan "gratis" casi tres meses al año en comparación con los hombres

Un informe de Comisiones Obreras pone el foco en la brecha salarial que sufren las mujeres en todas las etapas de su vida laboral

PorMetropolitano
06/03/2025
Igualdad

La UVigo reflexiona este 25N sobre cómo la tecnología amplifica formas de violencia

La UVigo abordó la “digitalización del sistema prostitucional” y su impacto en la explotación de mujeres y niñas

PorUxía Pérez
25/11/2024
Foto: Concello de Vigo.
Igualdad

Cine, teatro, música y charlas, entre las actividades del Concello de Vigo por el 25N

El Concello de Vigo anuncia numerosas actividades por el 25N. ¡Consulta aquí todas las propuestas y sus fechas!

PorMetropolitano
31/10/2024
Enfoque

El PSdeG premia a Verónica Boquete y Paula Dapena por su papel por la igualdad en el fútbol

Entregan el premio Maruja Vázquez resaltando que ambas "han dado la cara para defender la igualdad, convirtiéndose en un ejemplo"

PorEuropa Press
20/04/2024
Exposiciones

A UVigo reivindica “a teima por imaxinar” de Isaac Díaz Pardo

PorMetropolitano
09/06/2025

O edificio Redeiras acolle esta exposición que permite coñecer a figura de Isaac Díaz Pardo. A mostrará poderase visitar ata o 9 de xullo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X