"Por ser mulleres". Con este lema a Deputación de Pontevedra presenta a programación do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, co obxetivo de reivindicar "unha axenda feminista do Estado que estea xa no centro da axenda política". A programación do 25N impulsada pola institución arrancou a principios do mes de novembro co "Manifesto de Soutomaior" e co workshop da Cátedra de Feminismo 4.0 "Hackeando ao patriarcado" que tivo como obxetivo reivindicar a intelixencia artificial feminina.
As actividades enmarcadas na programación extenderánse ata o 18 de decembro e a próxima cita será o xoves día 25 de novembro, no que terán lugar as dúas primeiras accións en Pontevedra e Vigo da sétima edición do programa "Mulleres en acción. Violencia Zero" baixo o lema "Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista". Ás 12:00 horas na praza da Peregrina, en Pontevedra, a pintora e debuxante Alba Soto presentará a súa performace "Asta en cueva". Xa pola tarde, ás 18:30 no Museo Marco de Vigo poderase ver a peza "VER/Cada/Bágoa" de Mercé de Rande.
O alumeado en morado das sedes institucionais en Pontevedra e Vigo, dende o 24 ate o 28 de novembro, tamén forma parte da programación da Deputación do 25N. Ao igual que a lectura da declaración institucional no pleno do día 26 a cargo de Silvia Pérez, investigadora da Universidade de Vigo, este mesmo día e ata o 29 de novembro na feira Culturgal a Deputación dara a coñecer toda a programación no eido da igualdade. O día 29 de novembro, Isabel Blanco inaugurará a súa mostra "Espazos Roubados" na sede de Vigo e ao día seguinte, o 30 de novembro, comezará o módulo en igualdade na Escola de Enfermería.
No mes de decembro presentarase a nova campaña do xoguete igualitario, non sexista e non violento. Por outra banda, ata o 9 de decembro continuarán os debates teóricos online sobre a axenda política feminista coordinados por Rosa Cobo, e ata o día 15 os obradoiros de formación nos institutos, "Canteira de Igualdade". Amais, os días 11 e 18 de decembro terá lugar no Museo MARCO de Vigo o novo ciclo "Cinema mulleres", en colaboración co Consulado Xeral de Arxentina, e na sede provincial viguesa poderá visitarse ata o 31 de decembro a mostra "Muller por muller", comisariada por Rosario Sarmiento.