• Brincadeira Bouzas
  • Mercadiño
  • Cine gratis
  • Citas rápidas
  • Puente colgante
  • Ten turístico
  • Voando Rías Baixas
  • Choco Redondela
  • Santa Clara cultural
  • Grand Prix
  • Casiñas Sil
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Igualdad

Un cómic que permite ás mulleres adentrarse no mundo do emprendemento

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
30/04/2021

Fomentar o emprendemento feminino ilustrando a mulleres de calquera idade e formación sobre conceptos básicos que deben ter en conta se queren crear a súa propia empresa. Con este obxectivo presentouse este venres en Santiago de Compostela o cómic Mulleres en acción. Unha guía para o emprendemento. Trátase dunha iniciativa liderada desde a Universidade de Vigo polo Grupo de Investigación Governance and Economics Research Network (Gen), no marco do proxecto europeo Women Entrepreneurs in Action WE'RE IN!. Na publicación, catro mulleres decididas a pór en marcha os seus propios proxectos empresariais inician na Ribeira Sacra unha viaxe que as levará a percorrer os camiños do emprendemento en diferentes países da Unión Europea.

A presentación do cómic contou coa participación de Elena Rivo, profesora da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense que dirixe o proxecto; Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Cultura e Universidade, e María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade. O escenario no que xorde este proxecto, destacouse na súa presentación, é o da escasa dimensión do emprendemento feminino en Europa, lembrando datos como que no período 2018-2019, a taxa de emprendemento feminino na UE foi do 6,3%, o que representaría aproximadamente unha cuarta parte da observada para os homes. Na súa intervención, Román Rodríguez trasladou os parabéns por esta iniciativa a prol da igualdade entre homes e mulleres e subliñou a importancia de fomentar este tipo de valores entre o alumnado desde as etapas temperás desde a cultura e a educación. Pola súa banda, María Jesús Lorenzana destacou a importancia de iniciativas como esta que serven de catalizadoras para explicar de maneira simplificada os primeiros chanzos dun proxecto de emprendemento.

Másnoticias

Luisa Sánchez: "Vigo tendrá este verano un festival de dos días, lo demanda la ciudad"

11/05/2025

Las citas rápidas para conocer gente nueva vuelven este mes a Vigo

10/05/2025

Segundo explicou Elena Rivo, o proxecto Women Entrepreneurs in Action WE'RE IN! (Mulleres Emprendedoras en Acción) comezou en setembro de 2019 e finalizará en marzo de 2022 e conta con financiamento da Comisión Europea, formando parte do programa de Alianzas Estratéxicas Erasmus + para a educación e a formación profesional. As prioridades do proxecto son animar ás mulleres á creación de empresas e a desenvolver as competencias do emprendemento. Nel participan catro socios europeos de Francia, Alemaña, Bélxica e España, sendo Elena Rivo a investigadora principal do proxecto no eido estatal e responsable de varias actividades, entre elas a elaboración do cómic presentado este venres.

Diversidade de perfís

“O propósito deste cómic é ilustrar a mulleres de calquera idade e formación sobre conceptos básicos que deben considerar se queren crear a súa propia empresa. Trátase dunha guía con preguntas e respostas que debería facerse calquera persoa que queira crear un negocio”, comentou Elena Rivo. O equipo da Universidade de Vigo que participou na súa elaboración estivo formado, ademais de por Elena Rivo, polas profesoras da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense Mónica Villanueva, Mercedes Mareque e Elena de Prada, que deseñaron as fichas técnicas para poder expor os conceptos económicos de forma sinxela e que se puidesen entender sen formación previa. A ilustradora do cómic é Julia Lago.

Coa perspectiva de xénero, detallou Elena Rivo, elixíronse catro mulleres como principais protagonistas da historieta, con diferentes idades e niveis de formación, así como con diferente experiencia profesional. “Tentamos incorporar o maior número de perfís posibles de futuras emprendedoras. Así temos perfís con e sen formación universitaria, con e sen experiencia laboral, con e sen responsabilidades familiares. As nosas protagonistas tamén teñen orixes diversas, concretamente España, Francia, Bélxica e Alemaña, que se corresponden cos catro países socios que participan no proxecto europeo”, sinalou.

No cómic presentado este venres, as catro protagonistas arrancan a súa historia nunha reunión forma informal na Ribeira Sacra de Ourense e a partir de aí desenvolverán as súas ideas e proxectos empresariais, organizando viaxes e reunións nas súas cidades de orixe, que son Nantes (Francia), Saarbruken (Alemaña) e Bruxelas (Bélxica). Os escenarios de cada país foron propostos polos socios europeos do proxecto, como lugares emblemáticos das súas localidades. Tamén se suxeriron comidas tradicionais típicas de cada país. Todos os proxectos de emprendemento das protagonistas están vinculados a temáticas de actualidade como a sostibilidade ou a dixitalización. “A través dun medio agradable como é o cómic, preténdese animar e axudar a mulleres a crear novas empresas”, subliñou Elena Rivo. O cómic presentado este venres está en lingua galega, co apoio da Xunta de Galicia e co obxectivo de achegar “unha ferramenta útil que sirva para incentivar o emprendemento feminino en Galicia”. Igualmente, xa están dispoñibles as versións electrónicas da publicación en castelán, inglés, francés e alemán.

Temas: cómicUniversidade de VigoUVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Informe demoledor, las gallegas trabajan "gratis" casi tres meses al año en comparación con los hombres

Un informe de Comisiones Obreras pone el foco en la brecha salarial que sufren las mujeres en todas las etapas de su vida laboral

PorMetropolitano
06/03/2025
Igualdad

La UVigo reflexiona este 25N sobre cómo la tecnología amplifica formas de violencia

La UVigo abordó la “digitalización del sistema prostitucional” y su impacto en la explotación de mujeres y niñas

PorUxía Pérez
25/11/2024
Foto: Concello de Vigo.
Igualdad

Cine, teatro, música y charlas, entre las actividades del Concello de Vigo por el 25N

El Concello de Vigo anuncia numerosas actividades por el 25N. ¡Consulta aquí todas las propuestas y sus fechas!

PorMetropolitano
31/10/2024
Enfoque

El PSdeG premia a Verónica Boquete y Paula Dapena por su papel por la igualdad en el fútbol

Entregan el premio Maruja Vázquez resaltando que ambas "han dado la cara para defender la igualdad, convirtiéndose en un ejemplo"

PorEuropa Press
20/04/2024
Extra

La UVigo pone en marcha el horario especial de apertura de sus bibliotecas

PorMetropolitano
09/05/2025

Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

11may12:00Circo de Pinocho en VigoCIRCO | VIGO

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X