• Próxima apertura Vigo
  • Novedad CC Gran Vía
  • PortAmérica 2025
  • Rampas Vigo
  • Bono Comercio
  • Rallye Rías Baixas Vigo
  • Festa Callos Vigo
  • Álvaro Cunqueiro
  • Novedad en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Igualdad

Xoguetes que poden cambiar o mundo: a campaña para adquirir xogos non sexistas no Nadal

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
01/12/2020

“Xogando aprendemos a vivir. O xogo é unha ferramenta para mudar o mundo” é o lema da nova campaña, a sexta, coa que a Deputación de Pontevedra quere fomentar a adquisición de xogos e xoguetes non sexistas durante este vindeiro Nadal. Unha campaña “dinámica, atrevida e fermosa” coa que, como sinalou a presidenta Carmela Silva, a institución quere incidir no feito de que “o que aprendemos de nenos e nenas marca a posición que imos ter ante a vida” e, polo tanto, busca promover “que as nenas e os nenos xoguen con todo, e xoguen tamén a coidar porque os coidados, que sempre estiveron en mans das mulleres, son este ano de pandemia o centro de todo”.

A campaña está deseñada pola ilustradora Luz Beloso mentres a escritora Isabel Blanco é a autora do concepto e dos textos. A imaxe amosa a unha nena lendo, outra cun xogo de construción e a un neno que lle da de comer a un osiño de peluche. Deste xeito, a campaña tamén está centrada na idea de que as tarefas sexan compartidas de xeito igualitario. “Desde o nacemento comezamos a dicirlle ás nenas que elas son as que van coidar ao regalarlles xoguetes e xogos dedicados ao coidado: cociñas, vasoiras, fregonas, ou traxes de enfermeiras, reflectiu Carmela Silva, mentres que a eles lles agasallamos con bicicletas, motos, superheroes ou xogos de construción. Esta campaña quere rachar con iso. Queremos que as nenas xoguen con todo e os nenos xoguen con todo, e xoguen tamén a coidar. Porque coidar é fundamental”. A presidenta lembrou que nesta pandemia “fomos as mulleres as que seguimos teletraballando, pero tamén no 75% coidando a nenos e a nenas, a maiores, e a persoas dependentes”.

Másnoticias

RC Celta

La Diputación ficha a la viguesa Xisela Aranda, directiva del Celta, como alto cargo

03/06/2025

Ourense anuncia el contrato de la Navidad y descubre las calles que tendrán luces

02/06/2025

“O xogo, o xoguete non só é un instrumento de lecer –engadiu-. É un instrumento de educación e crea pensamento. Se educamos ás nenas e aos nenos con xogos, xoguetes e cores diferentes, uns e outras entenderán que o seu papel na vida é un determinado, non aprenderán poden ser todo aquelo que desexen ser”. Neste senso, Carmela Silva citou a María Montessori ao sinalar que “non existe ningún home ou muller que non se formase a partir do neno ou da nena que foi algunha vez”. “Así que para ser mulleres e homes igualitarios e igualitarias e que apostemos porque todos teñamos o mesmo dereito, temos que ser ese neno e esa nena que aprende dende a igualdade –sinalou-. Esta campaña quere cambiar o modelo no que vivimos porque como xoguemos e como sexan os nosos xoguetes marcará como imos ser na vida e o noso comportamento”.

Amais dos carteis, que se van repartir nos concellos para colocalos nos comercios, a campaña conta cun audiovisual elaborado por Regalamúsica, cuxos representantes Javier Abreu e An Táboas, estiveron presentes no acto celebrado hoxe na sede da Deputación en Vigo. Este vídeo vaise proxectar nas pantallas dos autobuses da empresa Vitrasa, e en dous dos vehículos tamén se colocarán vinilos da iniciativa ata o 7 de xaneiro. A campaña complétase con cuñas de radio e publicidade nos medios on e off line, co fin de “chegar a todas as familias da provincia”, como sinalou Carmela Silva. “É unha campaña moi potente, coa que queremos que as nais e os pais saiban que hai que pensar moi ben unha decisión que vai marcar como van ser as túas fillas e os teus fillos. Temos unha responsabilidade social coa educación das fillas e fillos e esa educación comeza pola elección que fagamos de a que xogan. Tomémolo moi en serio. Esta é unha campaña feita por moita xente que cre nun mundo mellor, onde nenas e nenos se desenvolven para ser adultos que defenden outra sociedade”.

Isabel Blanco, pola súa banda, destacou a campaña como “imprescindible, porque mirar o mundo desde a perspectiva de xénero é miralo dende a igualdade para crear un mundo mellor”. A escritora exemplificou a mensaxe da iniciativa cun conto da súa autoría sobre a historia de dous irmás xemelgos, Margarida e Xoán, que ven como as mochilas do futuro da súa vida están cargadas de moi diferente maneira, a dela sempre con moito máis peso. Finalmente, An Táboas, de Regalamúsica, fixo fincapé en que o audiovisual quere reflectir a idea principal de “xogar, e ao mesmo tempo, non perder de vista a mensaxe tan necesaria da igualdade, que os nenos e nenas aprendan desde pequenos e teñan claro que son iguais”. “Entre todos poderemos conseguir un mundo mellor con campañas como esta”, afirmou.

Apoio á deportista Paula Dapena

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, amosou hoxe o seu “total e absoluto apoio á futbolista pontevedresa Paula Dapena” ante as ameazas, incluso de morte, que está a recibir despois de que declinara, en consonancia coas súas ideas feministas, participar no minuto de silencio polo falecemento de Diego Maradona. “Que saiban todos os energúmenos que están atacando a Paula Dapena que ela non está soa –manifestou Carmela Silva-. Paula Dapena conta con todas as mulleres que cremos na igualdade ao seu carón. E quen a dane, dánanos a todas. E todas imos estar ao seu lado. A apoiamos, aplaudimos e cremos que é unha muller moi valente”.

Carmela Silva chamou persoalmente á deportista esta mesma mañá para facerlle chegar este apoio. “Ela sabía o que ía significar, pero o fixo, e eses xestos cambian o mundo –subliñou a presidenta-. Todas somos Paula Dapena. Que quede claro que está moi acompañada. Se eses que hoxe lle atacan xogaran de pequenos con xoguetes igualitarios estarían ao carón de Paula. Porque é o único decente. A ver se seguimos camiñando cara a unha educación igualitaria para ter moitas Paulas e poucos homes que ameazan cando unha muller se empodera e di o que opina abertamente”

Temas: Deputación de PontevedrafeminismoigualdadNavidad
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Pequeocio

Vigo confirma el primer gran espectáculo infantil de Castrelos para el Vigo en Festas

La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"

PorUxía Pérez
19/05/2025
Pequeocio

La Xunta ofrece plazas en diez campamentos de la provincia de Pontevedra: precios, fechas y actividades

La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!

PorIván Dacal
30/04/2025
Enfoque

Vigo pone fecha a la inscripción de los campamentos de verano, que contarán con un total de 4.000 plazas

Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio

PorCarlos I. Castrillón
11/04/2025
Enfoque

Informe demoledor, las gallegas trabajan "gratis" casi tres meses al año en comparación con los hombres

Un informe de Comisiones Obreras pone el foco en la brecha salarial que sufren las mujeres en todas las etapas de su vida laboral

PorMetropolitano
06/03/2025
Enfoque

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

PorMetropolitano
05/06/2025

Céntrase na investigación lingüística, priorizando os proxectos conxuntos e a captación de fondos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X