Fin ao campamento de verán Gondoverán. A Concellería de Igualdade da localidade do Val Miñor clausurou o pasado luns 31 de xullo este campamento de lecer e tempo libre para os fillos das familias traballadoras, ademais dunha Medida Municipal de Conciliación de Promoción Autonómica, validada como tal pola Secretaría Xeral de Igualdade no 2012.
O obxectivo de Gondoverán, campamento cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, foi favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo cun horario de 9:00 a 14:00 horas con posibilidade de ampliación de 08:00 a 15:00 horas, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno a través unha programacion que combinou o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.
O Gondoverán reuniu a un total de 100 rapaces de entre 3 e 12 anos cuxos proxenitores son personas traballadoras en activo. Entre as actividades que máis gustaron aos nenos foron as dúas excursións que realizaron en autobús á praia e ao monte e a pernocta.
As sensacións que transmiten os participantes no Gondoverán foi alegría e tristeza posto que Gondoverán pecha as súas portas ata o vindeiro ano con máis novas e aventuras.
La artista argentina que triunfa entre los más pequeños llegará al Auditorio Mar de Vigo con su nuevo show, para el que quedan pocas entradas
El Concello de Nigrán instalará este sábado un gran tobogán acuático en A Ramallosa para desatar la diversión del público infantil y juvenil
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL