Máis de 140 nenos e nenas participaron na primeira quenda dos campamentos de verán de Tui e, agora, o Concello prepara xa a segunda quenda que irá dende o 26 de xullo ao 9 de agosto. Para esta segunda parte aínda quedan prazas dispoñibles, polo que todos aqueles interesados deben aportar a solicitude necesario no rexistro de entrada do Concello de Tui até este luns ás 14:00 horas.
Os campamentos de Tui contan con monitores especializados e dividen aos rapaces en grupos segundo a súa idade. Destinados para nenos de entre 3 a 12 anos, realizan diversas actividades deportivas, xogos e obradoiros, pero tamén saídas medioambientais para que traballen no respecto da natureza ou actividades relacionadas co compañeirismo e a igualdade.
Esta segunda quenda, do 26 de xullo ao 9 de agosto, ten un prezo de 30,56€ e os rapaces permanecen cos monitores de luns a venres entre as 9:00 horas e as 14:00 horas, aínda que pode solicitarse un horario ampliado que comeza ás 8:45 horas. O lugar de encontro é o novo pavillón municipal.
Este segundo prazo é moi axustado e os interesados deben presentar no rexistro de entrada na secretaría do Concello de Tui a documentación solicitada, así como realizar o abono da taxa no departamento de tesourería, tendo de prazo ata o luns 24 de xullo, ás 14.00 horas. A nova admisión nesta segunda quenda do campamento se realizará por orde de inscrición.
La Navidad de Vigo recibirá este viernes 21 de noviembre a Papá Noel, que repite en su casa de Policarpo Sanz
Cantajuego ofrecerá el 28 de septiembre en las fiestas de O Porriño su espectáculo "Las aventuras de Coco y Pepe" de forma gratuita
La artista argentina que triunfa entre los más pequeños llegará al Auditorio Mar de Vigo con su nuevo show, para el que quedan pocas entradas
El Concello de Nigrán instalará este sábado un gran tobogán acuático en A Ramallosa para desatar la diversión del público infantil y juvenil
El acuerdo llega después de que el Celta amenazara las titulaciones públicas avanzando un acuerdo con una universidad privada vasca
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL