"Canta connosco!" cita aos máis pequenos na Sala Ártika

Publicidad

A Sala Ártika convértese esta fin de semana nun dos puntos de encontros das familias ao albergar o espectáculo "Canta connosco!", o show de Migallas Teatro, compañía que leva en activo dende 1996 e con máis de 1500 representacións ás súas costas.

A actuación rescatará cancións galegas de toda a vida e as combinará coa actividade teatral. "Canta connosco!" é un espectáculo pensado para toda a familia, xa que a adaptación aos novos ritmos da actualidade fai desta función unha actividade amena e entretida para tódolos públicos.

Os temas tratados neste teatro-musical son, entre outros, o coidado e a responsabilidade coas mascotas, os praceres da lectura e do teatro, o consumismo na compra de xoguetes, etc.

Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son "Dime que fixeches", "O esqueleto", "O libro máxico" e "Ai, Patín!". A representación de Migallas Teatro na Sala Ártika será este sábado 29 de setembro e o domingo 30 de setembro ás 18:00 horas. A duración é de 60 minutos e a idade recomendada é a partir de 3 anos.

As entradas están dispoñibles na plataforma de Ticketea dende 5 euros.

Salir de la versión móvil