A Sala Ártika convértese esta fin de semana nun dos puntos de encontros das familias ao albergar o espectáculo "Canta connosco!", o show de Migallas Teatro, compañía que leva en activo dende 1996 e con máis de 1500 representacións ás súas costas.
A actuación rescatará cancións galegas de toda a vida e as combinará coa actividade teatral. "Canta connosco!" é un espectáculo pensado para toda a familia, xa que a adaptación aos novos ritmos da actualidade fai desta función unha actividade amena e entretida para tódolos públicos.
Os temas tratados neste teatro-musical son, entre outros, o coidado e a responsabilidade coas mascotas, os praceres da lectura e do teatro, o consumismo na compra de xoguetes, etc.
Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son "Dime que fixeches", "O esqueleto", "O libro máxico" e "Ai, Patín!". A representación de Migallas Teatro na Sala Ártika será este sábado 29 de setembro e o domingo 30 de setembro ás 18:00 horas. A duración é de 60 minutos e a idade recomendada é a partir de 3 anos.
As entradas están dispoñibles na plataforma de Ticketea dende 5 euros.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL