A continuación, deixámoste cinco contacontos para que os cativos e cativas comecen a semana viaxando a través da imaxinación, as verbas e as lendas.
“Letras e Notas” é un espectáculo musical de formato individual, no que Magín Blanco interpreta temas propios para os/as nenos/as. A través do abecedario e da música, Magín irá creando un universo fiado polas introducións ás cancións, por adiviñas e pequenos contiños. Esta é a proposta máis próxima entre público e autor, na que Magín procura a participación do público na interpretación das cancións.
Raquel Queizás será a responsable de narrar o contacontos “Romarías: contos e lendas da nosa terra”. Trátase dun espectáculo onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles. Así mesmo, estas historias mostran personaxes cos que as nenas e os nenos se poden identificar e que lles serven de referente para adquirir e interiorizar normas sociais, valores e contravalores necesarios para o asentamento dos cimentos da súa personalidade, para convivir, socializar, resolver problemas ou superar os obstáculos que se lles presenten e participar activamente na sociedade, sempre dende un espírito crítico.

“As aventuras de Mamá Cabra, Contos que saen dos libros” chegan a Cangas da man de Gloria Mosquera. A través da música do grupo Mamá Cabra, os cativos poderán aprender e encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons que darán vida a historias máxicas. Nesta ocasión e na compañía de Iago Rodríguez, ás teclas e percusións, levaranos polas creacións deste grupo, coñecido por pequen@s e maiores.

A Biblioteca do Rosal acolle o contacontos “Madame Bechamel e Signorina Bolognesa” para nenos de entre 4 a 10 anos. O espectáculo estará formado por dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas que cociñan en colaboración co público un saboroso bico mentres contan un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.

“Un outro mundo por descubrir, as viaxes de Irene conta contos no que as nenas e nenos da man de Irene e cos cinco sentidos ( oído, olfato, vista, gusto e tacto) achegaranse a cultura doutros países, países que teñen paisaxes, fauna, flora diferentes a nosa, no que hai mulleres e homes que falan linguas e viven de forma diferente a nosa e están desexando mostrarnos cantos lugares do mundo temos por descubrir.
La primera gran cita para los pequeños llega fuerte con el fenómeno internacional de la literatura infantil a nivel mundial: el Pollo Pepe
El campo del Coruxo, O Vao, acogió la presentación de uno de los campamentos más especiales del verano en Vigo
Las fiestas grandes de Tui llegan con una potente programación dirigida a las familias con estos cinco espectáculos
O Porriño Peque Fest ofrece una amplia programación con hinchables, animación, juegos y numerosas sorpresas
Casas, ánforas y un asentamiento milenario, la Universidade de Vigo destapa los secretos del castro de Punta Cantodorxo, en O Grove
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL