“Contacontos de libros contentos” é o título do contacontos que Carmen Domech achega este mércores, 13 de outubro, ás 18:00 horas, á Biblioteca Pública Municipal de Tui. Esta actividade forma parte do programa do Mes da Biblioteca que comezou o pasado 22 de setembro e continuará até o 25 deste mes.
O contacontos destes mércores vai dirixido especialmente a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Nesta sesión Carmen Domech exporá as cousas fantásticas que contan os libros, sucesos incribles de libros tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos… Para participar recoméndase inscrición presencialmente na Biblioteca Municipal de Tui ou no seu correo electrónico biblioteca@tui.gal
Carmen Domech comezou en 1987 a súa andaina no ámbito da literatura infantil e da animación á lectura como membro fundador e activo do Seminario de Animación a la Lectura y Literatura Infantil de la Escuela de Animación de la C.A.M. Ten participado na organización de ciclos de conferencias e cursos sobre literatura infantil e animación á lectura.
Como membro do colectivo Dingolondango, ao longo de sete anos, a súa actividade principal centrouse na realización de obradoiros e de contacontos dirixidos a rapaces, e de cursos de formación para monitores de tempo de lecer, profesores e bibliotecarios. Na actualidade, Carmen Domech realiza sesións de contacontos en colexios, bibliotecas, ou centros culturais. Dende 1993, forma parte da compañía de títeres CACHIRULO, na que realiza funcións de deseño e construción de monicreques e manipulación.
El Centro Comercial Travesía, una "factoría de filloas" este lunes en una actividad para niñas y niños que tendrá lugar de 17:30 a 20:00 horas
El parque de atracciones de los más pequeños de la casa está situado en el norte de Portugal, a menos de dos horas desde Vigo
El próximo sábado 15 de febrero, el Casco Vello de Vigo acogerá la VIII Merdeirada Cativa, una cita pensada para los más pequeños
Vialia Vigo acoge este viernes y este sábado en diferentes horarios el taller de cocina para peques “Crea tu pizza”
Poderían usarse para o deseño de novos tratamentos contra o virus de SIDA e o SARS-COV-2
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL