Moaña súmase á revolución dos parques infantís. Estes espazos de lecer para a cativada chegan nestes últimos tempos a unha nova dimensión. Experimentaron una importante transformación, unha metamorfose que exemplifícase nos coñecidos agora como “macro parques”, un modelo que se instaurará no parque infantil da Praia de Moaña, na Avenida de Concepción Arenal, na que é a principal zona de xogos do centro urbano da vila morracense.
Unha das principais actuacións da reforma do parque infantil de temática pirata será a creación dun novo barco para a infancia, unha corveta con capacidade para 75 nenos con idades comprendidas de entre 3 e 14 anos, que ademais estará unida á torre dun faro de 2,5 metros de altura que contará cun tobogán.
O “macro parque infantil” suporá, ademais, a instalación doutros 18 elementos novos, xogos novidosos e moitos deles inclusivos para que todas e todos poidan gozar deste espazo de lecer e diversión. Un dos elementos máis destacados é a creación dun pórtico de columpio individual con asento pai e fillo que permitirá columpiarse tanto ao cativo como ao adulto fronte a fronte.
Outros elementos destacados desta especie de parque de atraccións para a cativada son un skate mini, un xogo de tabla de surf, un trampolín cuadrangular, un carrusel fucus de mobilidade reducida, diferentes paneis lúdicos, un trapecio para facer exercicio ou dúas mesas nas que as usuarias e os usuarios do parque infantil poderán xogar tanto ao parchís como ao xadrez, que estarán en dúas mesas diferentes.
A actuación no parque infantil da Praia de Moaña inclúe a reparación de sete elementos, entre os que se atopan as dúas tirolinas e diferentes tipoloxías de columpios. Ademais, a remodelación tamén suporá a reparación de toda a bancada existente situado en todo o perímetro do parque.
O Concello de Moaña fará unha inversión de arredor de 213.000 euros para converter este “macro parque infantil” nun dos mellores espazos para a cativada na contorna de Vigo. O prazo de execución das obras é dun mes.
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
El Centro Comercial Travesía, una "factoría de filloas" este lunes en una actividad para niñas y niños que tendrá lugar de 17:30 a 20:00 horas
El parque de atracciones de los más pequeños de la casa está situado en el norte de Portugal, a menos de dos horas desde Vigo
El próximo sábado 15 de febrero, el Casco Vello de Vigo acogerá la VIII Merdeirada Cativa, una cita pensada para los más pequeños
O mércores haberá en Vigo, no edificio Redeiras, un Obradoiro dirixido a docentes de ensino primario e secundario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL