Ponteareas organiza unha carreira de orientación para cativos no Parque do Castelo de Sobroso

Publicidad

Coñecer a vexetación, recoñecer as especies invasoras, valorar o medio natural e, ademais, pasalo xenial. Ese é o plan que propoñen dende o Voluntariado Municipal de Ponteareas (Voltea) para o vindeiro domingo, 15 de outubro.

A actividade, pensada para nenos e nenas de entre 9 e 11 anos, é totalmente gratuíta e busca que a rapazada aprenda “dun xeito entretido e deportivo os diferentes aspectos relacionados co medio ambiente”, segundo apuntan dende o Concello de Ponteareas. Terá lugar ademais nun espazo único, no parque do Sobroso, aos pes do Castelo de Sobroso.

Como inscribirse?

Todos aqueles pais que queiran anotar aos seus fillos e fillas deberán chamar ao teléfono da oficina de voluntariado (687 764 516 ou 677 525 930) ou achegarse até o Centro Social da rúa Oriente. Por cada dous nenos deberá asistir un adulto que os acompañe.

Salir de la versión móvil