Redondela abre a inscrición para que a rapazada poida participar na Cabalgata de Reis

Publicidad

O Concello de Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para que os nenos e nenas que así o desexen poidan participar de xeito activo na Cabalgata de Reis acompañando ás Súas Maxestades de Oriente no percorrido que farán polas rúas e prazas.

A inscrición está aberta para todos os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 5 e 14 anos e poderán facelo a través dos Rexistros do Concello de Redondela (na Casa do Concello e en Chapela) ou a través da Sede Electrónica ata o vindeiro día 22 de decembro.

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo entre os nenos e nenas inscritos. As nais, pais ou titores e titoras, deberán facer constar o nome e idade do neno ou nena amais do teléfono, correo electrónico e enderezo das nais, pais ou titores/as.

O día da cabalgata as e os rapaces deberán presentarse, á hora e o lugar que se lles indique, acompañados da nais, pai, titor/a, que tamén terá que presentarse á hora de recollelos unha vez rematada a Cabalgata de Reis. O Concello de Redondela, pola súa banda, facilitará o vestiario para cada neno e nena participante.

Salir de la versión móvil