O Concello de Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para que os nenos e nenas que así o desexen poidan participar de xeito activo na Cabalgata de Reis acompañando ás Súas Maxestades de Oriente no percorrido que farán polas rúas e prazas.
A inscrición está aberta para todos os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 5 e 14 anos e poderán facelo a través dos Rexistros do Concello de Redondela (na Casa do Concello e en Chapela) ou a través da Sede Electrónica ata o vindeiro día 22 de decembro.
No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo entre os nenos e nenas inscritos. As nais, pais ou titores e titoras, deberán facer constar o nome e idade do neno ou nena amais do teléfono, correo electrónico e enderezo das nais, pais ou titores/as.
O día da cabalgata as e os rapaces deberán presentarse, á hora e o lugar que se lles indique, acompañados da nais, pai, titor/a, que tamén terá que presentarse á hora de recollelos unha vez rematada a Cabalgata de Reis. O Concello de Redondela, pola súa banda, facilitará o vestiario para cada neno e nena participante.
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
O obxectivo destas probas é definir recomendacións para a súa preparación física
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL