O Castelo de Soutomaior é unha auténtica xoia coa musealización levada a cabo pola Deputación de Pontevedra, unha actuación que introducirá aos visitantes cara outra época e que permitirá coñecer a personaxes tan apaixoantes da nosa historia como Pedro Madruga ou María Vinyals.
A musealización do Castelo de Soutomaior, que será inaugurada o 11 de maio cun "evento no que haberá sorpresas moi relevantes" tal e como anunciou Carmela Silva, vai permitir "coñecer o noso territorio e a nosa historia, porque nas pedras deste castelo está escrita a historia de Galicia e, desde o 13 de maio, poderémola ver grazas ao proxecto de musealización que impulsamos". Deste xeito, amais de paneis ilustrativos e informativos, a actuación aposta polas "tecnoloxías máis avanzadas, con caixas máxicas, vídeos divertidos e amenos e un mapping sorprendente" asegurou. A presidenta da Deputación anunciou xornadas de portas abertas para desfrutar durante este mes da actuación realizada e amosouse emocionada polo resultado e por "sacar ao castelo dun uso partidario para convertelo no símbolo do turismo na provincia".
O novo goberno da Deputación de Pontevedra vén de acometer un paso decisivo no seu proxecto de apertura do Castelo de Soutomaior, no que ata agora xa investiron máis de 2 millóns de euros, que chegarán a catro millóns cando remate a lexislatura. "Antes tiñamos unha xoia escondida nun xoieiro e agora puxémola á vista para que toda a cidadanía poida gozar dela", asegurou a presidenta da institución en referencia á reformulación do recinto histórico impulsada polo goberno provincial. Neste eido, desde o ano 2015 impulsouse un Plan de Usos para o Castelo que determinou a orientación do Ben de Interese Cultural cara ao turismo familiar. Deste xeito, realizáronse actuacións nos exteriores do Castelo de Soutomaior que veñen de completarse coa musealización do recinto.
Poderíache interesar: Os escenarios de Game of Thrones na nosa provincia que puideron ser (e non foron)
A nova musealización do Castelo de Soutomaior estará aberta ao público dende o 13 de maio. Esta mañá, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, anuncio ademais que coa saída á venda das entradas haberá descontos e incluso acceso gratuito para diferentes colectivos sociais. Así mesmo, a presidenta provincial anunciou diversas "xornadas de portas abertas" durante este mes.
Guimarães ha dado a conocer cuándo encenderá su Navidad y ha desvelado algunos de los detalles de su decoración y del programa
Una carpa-iglú acogerá el sorprendente universo de la Navidad en este concello. Una alternativa 'anti lluvia' cerca de Vigo para visitar
Una de las navidades más destacadas de Portugal, la de Águeda, desvela su programa. Esta es la hora en la que se encenderá su iluminación
Ya hay fecha para disfrutar del bosque navideño más mágico del norte de Portugal. Estos son los días para recorrer la Floresta Encantada
Desde este martes pode verse no Museo a colección realizada con Bimba y Lola e Palomo Spain
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL