No marco da campaña “Voando nas Rías Baixas”, as rutas ornitolóxicas da Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO BIRDLIFE que comezaron a pasada fin de semana no Complexo Intermareal Umia-O Grove, o esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa serán os protagonistas da segunda ruta gratuíta guiada o vindeiro 4 de febreiro. Deste xeito, as persoas interesadas en participar na segunda ruta do programa poderán presentar a súa solicitude desde hoxe mesmo, 23 de xaneiro, e ata o xoves 1 de febreiro a través da páxina web ou ben dos rexistros da Deputación de Pontevedra en Pontevedra e Vigo.
A ruta polo esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa, que terá lugar o domingo 4 de febreiro, coincide cos actos de celebración do Día Mundial das Zonas Húmidas polo que o persoal especializado de SEO BIRDLIFE, que guiará a ruta e facilitará material para poder avistar as diferentes aves, tamén achegará información sobre a importancia das zonas húmidas para o ser humano e para a natureza en xeral.
O esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa trátanse de zonas cunha grande variedade de hábitats. Así, falamos de zonas especiais de conservación e zonas de especial protección para as aves e nelas acóllense milleiros de aves de invernada ou que empregan o espazo no seu tránsito cara o Sur. Así, podemos atopar limícolas como mazaricos, biluricos, pilros ou avefrías como patos, garzas, mergullóns ou pentumeiros. Tamén se poden ver aves rapaces, entre as que destacan a gatafornela, o lagarteiro cincente e a aguia peixeira, podendo observar a súa espectacular forma de pesca.
Xunto á ruta polo esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa, conforman “Voando nas Rías Baixas” a visita guiada ao Complexo Intermareal Umia-O Grove (que tivo lugar a pasada fin de semana) e ás Brañas de Xestoso (en maio de 2018). A campaña forma parte das actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo, presentado hai unha semanas xa que se trata dunha oportunidade de diversificar o turismo na provincia de Pontevedra ao tempo que sensibilizamos á cidadanía local sobre a necesidade de preservar estes espazos protexidos.
Cada unha das rutas ornitolóxicas do programa da Deputación de Pontevedra “Voando nas Rías Baixas” conta con prazas limitadas, xa que o grupo non poderá exceder de trinta persoas ao tratarse dunha actividade que non pretende ocasionar impacto ambiental sobre estas zonas protexidas.
Guimarães ha dado a conocer cuándo encenderá su Navidad y ha desvelado algunos de los detalles de su decoración y del programa
Una carpa-iglú acogerá el sorprendente universo de la Navidad en este concello. Una alternativa 'anti lluvia' cerca de Vigo para visitar
Una de las navidades más destacadas de Portugal, la de Águeda, desvela su programa. Esta es la hora en la que se encenderá su iluminación
Ya hay fecha para disfrutar del bosque navideño más mágico del norte de Portugal. Estos son los días para recorrer la Floresta Encantada
Este preacuerdo está pendiente de la aprobación por el grupo de trabajo creado expresamente para este tema
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL