A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza este inverno un total de cinco itinerarios guiados ao Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. Baixo o lema Descubrindo o Parque Nacional, estas visitas, de carácter gratuíto e dirixidas por guías profesionais do parque, pretenden dar a coñecer o patrimonio natural e ambiental do arquipélago fóra da tempada estival.
Entre o 18 de febreiro e o 26 de marzo os participantes poderán abraiarse co “segredo dun bosque no mar”, “a illa de esculturas e lendas”, “a illa dos nomes” ou “una viaxe no tempo”.
Con este programa de rutas guiadas os participantes poderán coñecer o Parque Nacional das Illas Atlánticas dende outra perspectiva, afastados das altas temperaturas e o verán para achegarse a súa historia e lendas.
A visita guiada a Cortegada, denominada “O segredo dun bosque no mar”, percorrerá a aldea abandonada, a ermida e os seus bosques. Unhas árbores que debuxan unha paisaxe única rodeadas de auga.
Datas: 11 de febreiro, 11 de marzo, 8, 12 e 22 de abril
Sálvora “Illa de lendas e esculturas” é unha ruta xeológica-histórica na que se visitará a aldea abandonada e a contorna do faro. As pedras irán desvelando a súa propia orixe, a historia dos seus habitantes, as lendas... A lonxitude da ruta é de 5 quilómetros cunha duración aproximada de 2 horas 30 minutos.
Datas: 25 de febreiro, 18 de marzo, 14 e 29 de abril
“Ons: unha illa de nomes” percorre a illa pola súa metade sur pasando por sitios con nomes curiosos que nos irán desvelando segredos da illa e o seu mar. Trátase dun percorrido circulas de 6,2 quilómetros.
Data: 18 de febreiro
A visita ás Illas Cíes busca facernos “viaxar no tempo” nunha ruta histórica na que se poderá descubrir a historia dos poboadores das illas, dende os máis antigos até os más recentes. A lonxitude da ruta é de 2,5 quilómetros de carácter lineal.
Data: 4 de marzo
Ademais, para as familias e a rapazada, organizarse outra saída ás illas de Vigo titulada “Cíes: peza a peza”. Trátase dunha visita con dinámica e percorrido adaptado para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos no que descubrir as paisaxes, animais e plantas que viven nas Cíes.
Data: 26 de marzo
Durante a campaña, que arrancará o 18 de febreiro en Ons e se estenderá ata o próximo 29 de abril, ofreceranse un total de 208 prazas para visitar o parque.
Os interesados en participar nalgunha das visitas poden reservar praza a través da web reservasparquesnacionales ou facelo de forma presencial nas oficinas do parque nacional en Vigo (rúa Oliva, nº 3) ou no centro de visitantes (rúa Palma, nº 4).
O prazo para inscribirse seguirá aberto ata catro días antes da visita e para cada ruta abrirase unha lista de agarda coa que cubrir eventuais baixas.
Non, cada persoa poderá participar soamente nunha das rutas ofrecidas nesta convocatoria. No caso de detectarse dous ou máis solicitudes dunha mesma persoa, o Parque Nacional das Illas Atlánticas requirirá ao titular a súa subsanación, e no caso de que non se solucione, procederá a anular todas as súas solicitudes e negará a inscrición noutras rutas nesta e na seguinte convocatoria de rutas.
Todas as actividades guiadas ás illas son de balde, aínda que os participantes deberán asumir o custo do seu transporte. No caso de Cíes e Ons, poderán acceder a través da liña regular que as distintas navieiras autorizadas ofrecen con saída desde distintos portos, ou ben achegarse en embarcacións privadas autorizadas. Para acceder a Sálvora e Cortegada, onde por razóns de conservación non hai transporte regular diario, o propio parque organiza un transporte especial pero o custo do billete deberá asumilo igualmente o interesado.
Este tipo de ruta organízanse anualmente, aínda que como novidade, en 2018 está previsto organizar unha segunda quenda de visitas con guía a partir do mes de maio.
El parque acuático de Amarante estará abierto desde este mes de mayo. Podrá disfrutarse de sus atracciones durante más de tres meses
Las "Casiñas do Sil" es una de las opciones que ofrece la Ribeira Sacra para alojarse por noches. Así son estas viviendas con "impresionantes" vistas
Naturwaterpark ya tiene fecha de apertura. Es uno de los grandes parques acuáticos del norte de Portugal y cuenta con atracciones para todas las edades
Melgaço continúa con la recuperación de uno de sus monumentos históricos. Una rehabilitación que acaba de anunciar Portugal
Los horarios de las bibliotecas centrales de la UVigo y la de Torrecedeira se amplía durante las noches, festivos y fin de semana
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL