Co gaio do Día Internacional dos Museos, a Concellería de Turismo do Concello da Guarda organiza unha xornada de visitas guiadas gratuítas polo Monte Santa Trega. As actividades levaranse a cabo durante a mañá e a tarde do sábado 19 de maio con tres formatos, dependendo da súa duración e percorrido.
Así, aquelas persoas que desexen participar nunha visita guiada completa polo monte, poderán participar na saía que partirá ás 17:00 horas do castro. Dende alí, as e os participantes percorreran primeiro o poboado, para máis tarde subir á cima do monte e visitar a ermida de Santa Trega e o MASAT.
Ás 11:00 e ás 16:00 horas comezarán as visitas de 30 minutos de duración centradas no castro, cunha explicación do xacemento arqueolóxico. Completando a programación, ofertarase unha visita guiada especial polo barrio de Mergelina, no que recentemente se comezaron os traballos de restauración e consolidación. Este percorrido comezará ás 12:00 horas dende a Casa Forestal e estará guiado polo arqueólogo Rafael Rodríguez, director dos traballos que se están a desenvolver neste sector do poboado.
As persoas interesadas en participar deberán presentarse á hora de saída no punto de encontro indicado. Malia que as visitas son gratuítas, compre ter en conta que a taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para as persoas adultas e de 0,50€ para os e as menores de 14 anos.
Pódeche interesar: Oito "sendeiros azuis" da área de Vigo que debes coñecer
Una carpa-iglú acogerá el sorprendente universo de la Navidad en este concello. Una alternativa 'anti lluvia' cerca de Vigo para visitar
Una de las navidades más destacadas de Portugal, la de Águeda, desvela su programa. Esta es la hora en la que se encenderá su iluminación
Ya hay fecha para disfrutar del bosque navideño más mágico del norte de Portugal. Estos son los días para recorrer la Floresta Encantada
Dos municipios del norte de Portugal ya han encendido su iluminación de Navidad. Estos son los dos lugares que ya se pueden visitar
Impulsáronse proxectos punteiros como o VQCC ou a futura fábrica de semicondutores SPARC
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL