Nunhas datas marcadas polo festexo do Samaín e dos defuntos, o Concello de Tui modifica as súas habituais visitas guiadas gratuítas con dous roteiros específicos para a noite do luns, 30 de outubro, e do martes, día 31.
Deste xeito, tudenses e visitantes poderán coñecer un pouco máis o patrimonio e a historia da cidade ligada á Inquisición coas dúas visitas guiadas temáticas programadas para estas dúas xornadas. Sairán os dous días ás 20.15h da praza da Inmaculada sendo guiadas polo historiador tudense Suso Vila. O percorrido, gratuíto, durará aproximadamente unha hora.
O luns 30 ás 20.15h sairá a visita guiada aos Sambenitos Inquisitoriais. Estas pezas, únicas en Europa, atópanse no Museo Diocesano e esta será unha das poucas ocasión en que se poden visitar debido as obras que se están acometendo. Estes lenzos, que foron atopados na Catedral, sinalaban aos herexes reconciliados polo Santo Oficio, quedando marcados durante xeracións. Forman parte da riqueza da historia social de Tui e dun patrimonio cultural extraordinario.
O martes 31 de outubro ás 20.15 h celebrarase a Visita Cárceres e Inquisición en Tui. A cidade histórica de Tui conserva elementos patrimoniais que a vinculan a diferentes momentos da historia. A arquitectura carceraria representada por edificios coma o Cárcere Vello, o cárcere capitular ou o cárcere eclesiástico son só pequenos exemplos das diferentes funcións que se desenvolvían na cidade e que formaban parte da súa paisaxe.
A Inquisición tamén será un elemento a ter en conta dende os inquisidores que procedían de Tui, aos comisarios ou os familiares do Santo Oficio, eles formaban parte dunha rede que procuraba eliminar calquera rastro de disidencia relixiosa. A igrexa de San Domingos formaría parte desta paisaxe represora ao ser o lugar de reunión da confraría dos familiares da Inquisición en Tui.
El norte de Portugal cuenta con el árbol de Navidad más grande del país. Ya se ha desvelado la fecha de su encendido
Monçao, uno de los municipios del norte de Portugal, ha desvelado la fecha en la que encenderá su Navidad. Tendrá decoración especial un mes
"The Lince Braga" lleva abierto varios meses y ofrece "un refugio contemporáneo" a sus clientes. Tiene piscinas, bar, spa y zonas de tratamientos
Valongo, en el norte de Portugal cuenta con un curioso espacio al aire libre. Se trata de un parque con figuras de los Minions y otras formas
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL