• Sport Bar Vigo
  • Vigo Vertical
  • Navidad Vigo noria
  • Acoso Mercadona Vigo
  • Reno-taxis Vigo
  • Tiendas en Vigo
  • Obramat en Galicia
  • Navidad A Laxe
  • Vigo Jurásico
  • Navidad en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Planes

Un outono de visitas guiadas de balde para percorrer Moaña do mar á fraga

Un outono de visitas guiadas de balde para percorrer Moaña do mar á fraga
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
31/08/2021

As visitas guiadas de balde de Moaña regresan de novo co outono. O programa municipal de "Descubre Moaña", posto en marcha pola concellería de Promoción Económica e Turismo que dirixe Coral Ríos, continúa na súa aposta de diversificar as accións máis alá do verán co obxectivo de desestacionalizar o turismo e achegar visitantes á vila ao longo de todo o ano.  Desta vez as visitas guiadas comezarán o domingo 5 de setembro e se repetirán todas as fins de semana até o 28 de novembro.

En total, Moaña ofertará 14 rutas guiadas que se celebrarán os domingos ou os sábados, en función de cada semana, e serán todas de mañá, co inicio programado ás 10:30 horas. As visitas serán totalmente gratuítas e están adaptadas aos aforos e normativa anticovid para garantir a distancia de seguridade entre os asistentes.  Para poder anotarse é preciso enviar unha mensaxe de WhatsApp ao teléfono 611 080 853 indicando o número de participantes e a ruta na que se desexa participar.

Másnoticias

Arranca oficialmente la temporada de furanchos en Galicia y ya hay tres abiertos cerca de Vigo

Vuelven los furanchos por unos días con vino, comida y verbenas en Moaña

06/11/2025
Restos solidificados del vertido de aceite de palma en la ría de Vigo llegan a varias playas de Moaña

Restos solidificados del vertido de aceite de palma en la ría de Vigo llegan a varias playas de Moaña

05/11/2025

O Concello manterá algunas das rutas máis exitosas de edicións anteriores do programa de verán, como aquela que visita os escenarios do libro "O último barco" de Domingo Villar no seu paso polo municipio do Morrazo. Á vez, tamén incorporan de novo as intermareais de Tirán, que quedaran fóra da programación de verán.

Canteiras do Litoral de Moaña

Ao longo do percorrido os asistentes descubrirán a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.

Datas: domingo 5 de setembro e domingo 24 de outubro | 10:30 horas

Sendeiro da Fraga

Este percorrido de catro quilómetros, que arranca na desembocadura do río no areal da Xunqueira, continuará para dar a coñecer a importancia dos ríos, do seu ecosistema e do uso dos muíños. De feito, este sendeiro conta con até unha trintena de muíños que noutra época eran de vital importancia na agricultura do Morrazo.

Datas: Domingo 12 de setembro e sábado 9 de outubro | 10:30 horas

Moaña Mariñeira

Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira os asistentes coñecerán detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor ou algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron ás familias de Moaña.

Datas: domingo 19 de setembro e domingo 14 de novembro | 10:30 horas

Ruta literaria “O último barco”

Igrexa de San Xoán, en Tirán // FREECAT

O turismo literario ocupa un papel fundamental nesta nova proposta de “Descubre Moaña”. Non é para menos. “O último barco”, o terceiro libro de Domingo Villar, é un éxito a nivel galego e nacional. Xente de tódalas partes ten curiosidade por visitar os escenarios da última aventura de Leo Caldas. Neste caso, os guías de A Illa dos Ratos levarán aos participantes por lugares fundamentais na novela como a Igrexa de San Xoán de Tirán, o Mirador da Moma ou o Marusía, o restaurante que namorou a Leo Caldas.

Datas: Domingo 26 de setembro, domingo 17 de outubro e domingo 21 de novembro | 10:30 horas

Sendeiro de Rialdarca

Os amantes da natureza teñen nesta ruta unha nova forma de coñecer esa Moaña “verde”. O sendeiro Rialdarca non será soamente un encontro coa naturaeza, senón que tamén haberá protagonismo para o patrimonio etnográfico que contén este emprazamento, un lugar no que os membros de A Illa dos Ratos explicarán historias sobre esta senda que conectaba Moaña fai bastantes anos. Durante o percorrido, que terá unha duración aproximada de 90 minutos, explicarase, por exemplo, a utilización dos muíños, infraestruturas que forman parte deste tesouro medioambiental da vila morracense

Datas: Domingo 3 de outubro | 10:30 horas

San Martiño

A visita apenas nos obrigará a camiñar, xa que soamente percorreremos a contorna da igrexa. Os asistentes descubrirán a historia das casas e como apareceron aí e outros elementos propios dun dos barrios senlleiros do municipio.

Datas: domingo 31 de outubro | 10:30 horas

Intermareal de Tirán

Esta visita guiada, moi interactiva, está especialmente enfocada para toda a familia permitíndonos realizar un percorrido polas praias para coñecer a súa biodiversidade aproveitando para recoñecer bivalvos, crustáceos ou estrelas de mar.

Datas: sábado 6 e domingo 7 de novembro | 10:30 horas

Mulleres da Historia de Moaña

Neste roteiro ponse en valor o papel da muller dentro do desenvolvemento da sociedade e a vila de Moaña. Historias que paga a pena coñecer sobre figuras importantes con nome propio como Lela Soage, Elisa de la Peña, Lola Diz ou Concepción Arenal, fortemente vencellada ao municipio, que se mesturarán con alusións a colectivos máis anónimos como as peixeiras, as mariscadoras ou as carreiras.

Datas: domingo 28 de novembro | 10:30 horas

Temas: MoañaO Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Una de las grandes ciudades del norte de Portugal pone fecha y desvela detalles de su Navidad
Planes

Una de las grandes ciudades del norte de Portugal pone fecha y desvela detalles de su Navidad

Guimarães ha dado a conocer cuándo encenderá su Navidad y ha desvelado algunos de los detalles de su decoración y del programa

PorIván Dacal
15/11/2025
La Navidad perfecta incluso en los días de lluvia llega a solo cuarenta minutos de Vigo
Escapadas

La Navidad perfecta incluso en los días de lluvia llega a solo cuarenta minutos de Vigo

Una carpa-iglú acogerá el sorprendente universo de la Navidad en este concello. Una alternativa 'anti lluvia' cerca de Vigo para visitar

PorSara Rodríguez
14/11/2025
Águeda desvela cuándo enciende el "Papá Noel más grande del mundo" y su programa navideño
Escapadas

Águeda desvela cuándo enciende el "Papá Noel más grande del mundo" y su programa navideño

Una de las navidades más destacadas de Portugal, la de Águeda, desvela su programa. Esta es la hora en la que se encenderá su iluminación

PorIván Dacal
12/11/2025
El bosque más mágico de la Navidad del norte de Portugal, la Floresta Encantada, desvela sus fechas
Planes

El bosque más mágico de la Navidad del norte de Portugal, la Floresta Encantada, desvela sus fechas

Ya hay fecha para disfrutar del bosque navideño más mágico del norte de Portugal. Estos son los días para recorrer la Floresta Encantada

PorIván Dacal
10/11/2025
Jacobo Porteiro presenta su candidatura de "consenso" al Rectorado para "modernizar" la UVigo
Enfoque

Jacobo Porteiro presenta su candidatura de "consenso" al Rectorado para "modernizar" la UVigo

PorMiguel Alonso
18/11/2025

Apunta que la UVigo se enfrenta a un reto importante como es la jubilación de decenas de docentes y la caída de la natalidad

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

20nov18:00Encendido de la Navidad A LaxeNAVIDAD | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X