Ponteareas organiza unha visita guiada para coñecer o Castro de Troña

Publicidad

As vacacións de verán son a ocasión perfecta para coñecer os recunchos da nosa provincia grazas a diferentes visitas guiadas que se organizan tanto en Vigo como a súa área. Un desas opcións é o Castro de Troña. O Concello de Ponteareas fai unha ruta o vindeiro martes 6 de agosto para descubrir o xacemento, unha actividade que se enmarca dentro da iniciativa Coñece Ponteareas.

A saída será ás 11:00 horas. O punto de encontro será o propio Castro de Troña en Pías. O Concello de Ponteareas sinala que todas as interesadas e interesados poden anotarse a esta visita guiada na biblioteca municipal, no número de teléfono 986 660 765 ou no enderezo electrónico turismo@ponteareas.es.

Como chegar ao Castro de Troña?

O Castro de Troña localízase a 4,4 km e 7 minutos en coche do Balneario de Mondariz, un referente termal e turístico, non só da comarca do Condado, senón de toda Galicia. O xacemento está a 7,7 km e 12 minutos en coche do centro da vila de Ponteareas.

Esta aldea fortificada da Idade do Ferro foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de monumento pola Xunta de Galicia no ano 2009 (DOG nº 219 do 9 de novembro.

Salir de la versión móvil