Afundación presentou o pasado martes a súa nova proposta expositiva en torno á colección de arte "Latexos na Colección de Arte Afundación", unha nova ollada sobre unha das coleccións de arte privadas máis importantes de Galicia e declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.
A exposición abrirase ao público o vindeiro xoves 29 de novembro ás 17:30 horas e o seu horario habitual de apertura será de xoves a sábado de 17:30 a 20:30 horas.
Nesta nova revisión da Colección de Arte Afundación ofrécese unha ollada poliédrica sobre a súa diversidade, percorrendo as numerosas lecturas que permite unha colección desta riqueza e pluralidade. A exposición bascula entre un punto de vista vencellado á historia da arte, desde o que se amosan técnicas artísticas, diferentes estilos ou a conexión coa historia; e un punto de vista temático con que podemos percorrer Galicia ou viaxar polo mundo, ademais de descubrir as reflexións que agochan as obras contemporáneas máis aparentemente lúdicas, ao tempo que se destaca o papel da muller como representada e como artista.
A mostra conta cun completo programa didáctico dirixido a escolares de todas as etapas educativas, desde infantil ata bacharelato e ciclos formativos, e no que están xa apuntadas máis de 2.500 nenas e nenos. Para reservar unha visita, cómpre contactar a través do teléfono 986 12 90 32 ou ben a través do correo electrónico areaeducativavigo@afundacion.org.
A rolda de prensa desenvolveuse no Espazo Colección da Sede Afundación de Vigo e contou coa presenza de Gloria Rodríguez, coordinadora de Comunicación de Afundación, e de Mercedes Rozas, asesora da mostra e escritora dos textos que a contextualizan.
Se buscan nuevos figurantes para una grabación en Galicia. Estos son los requisitos que se piden para participar en este nuevo rodaje
Vuelve al área de Vigo la que promete ser "la mayor competición de burgers hasta la fecha". Cangas acogerá este llamativo festival gastro
Todos los detalles sobre este gran festival de tres días que acoge Baiona con reclamos como el concierto gratuito de The Rapants
Las Festas do Alivio pondrán el broche final al verano en Tomiño. Habrá música, teatro y circo durante varias jornadas
Miles de estudantes iniciaron este luns os seus estudos nos tres campus - En maio a institución elixirá novo reitor ou reitora en substitución de Reigosa
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL