A banda de gaitas de San Xoán de Paramos actuará este domingo, 24 de xullo, no Paseo Fluvial nun concerto moi especial polo Día de Galicia. Dende as 22:15 horas da noite, interpretarán pezas de distintos xéneros, mesturando música tradicional e moderna, nunha actuación moi agardada e que fará as delicias do público.
O programa do concerto dividirase en dous bloques, cunha duración de 45 minutos en cada un deles. Abrirán a actuación coa Marcha dos Matos, a Foliada para Olivia, Caraveliños, a Rapsodia Portuguesa, Nace unha estrela e Tradición. Na segunda parte, contarán coa colaboración da cantante tomiñesa Lara Villaverde para interpretar Lela. Logo tocarán The Final Countdown, Pichón, Festa Pagana, Chiquitita, Life is life e O Compás da Muiñeira.
Un repertorio moi variado que reflicte o gran crecemento que experimentou esta banda de gaitas dende a súa fundación no 2007 no Centro Cultural de Laxes baixo a dirección de José Manuel Caballero. Dende 2008 ata a actualidade actuou por toda España, con especial fincapé na comarca do Baixo Miño, Tui e o norte de Portugal pero tamén expandindo a súa música a Europa ou mesmo aos Estados Unidos.
Precisamente en Estados Unidos tocaba esta agrupación tudense logo de ser convidada para participar no desfile do día de San Patricio -o Día de Irlanda- en Nova York. Deste xeito, o pasado 17 de marzo a banda de San Xoán de Paramos percorreu a Quinta Avenida da cidade neoyorquina coa súa música tradicional galega e os arranxos de temas contemporáneos. Non foi o único lugar da urbe norteamericana que viviu a música da agrupación, que pechou concertos nas prazas de Times Square e Washington Square, no Centro Galego de Nova York, no Centro Español de Queens e tamén participou noutro desfile da comunidade irlandesa de Nova Jersey.
A banda de gaitas de Paramos está na actualidade formada por 70 compoñentes e conta cunha numerosa canteira na súa escola, un proxecto indispensable que nutre a agrupación, e na que os alumnos e alumnas reciben formación de linguaxe musical, gaita e percusión tradicional. O concerto deste domingo no Paseo Fluvial está organizado polo Concello de Tui dentro da programación do verán cultural.
Vigo acogerá uno de los mejores espectáculos de España por Navidad. Esta propuesta acaba de recibir el Premio MAX y ahora llega a la ciudad
Una innovadora experiencia musical que se podrá disfrutar gratis en el sur de Galicia. A Guarda propone este "concierto silencioso" junto al Miño
Teis se convierte en el epicentro gastronómico de Vigo con esta Ruta de Pinchos que arranca ya este viernes 29 de agosto
Estos son los DJs que pondrán el ritmo entre los conciertos del Galicia Fest, el nuevo festival de Vigo que se celebra este finde
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL