A chuvia volve modificar o "Moaña de Tapa en Tapa" que se prolongará até finais de abril

Publicidad

A chuvia volve modificar o “Moaña de Tapa en Tapa”. A programación do roteiro de petiscos do concello do Moaña, no que cada día un dos establecementos participantes ofrece a súa particular creación gastronómica xunto cun concerto de música en directo, vén de modificarse case por completo.

As malas previsións meteorolóxicas obrigaron a repensar as datas anunciadas nun inicio co gallo de garantir unha mellor experiencia tanto aos asistentes como aos artistas que interpretan os seus temas en directo.

Así, hoxe mércores será a última cita que se manteña das anunciadas inicialmente. O Burguer Piscis ofrecerá esta tardiña cinco tapas a un prezo de 2,5€ cada unha coa música de 2 con 2, grupo de versión pop, rumba e flamenco. O horario de tapeo será, como de costume no evento, de 20:00 a 23:00 horas.

A continuación, a cita coas tapas prevista para este xoves, día 29, venres, 30, e sábado, 31, aprazaranse até o mes de abril, xunto coas dúas primeiras paradas xa adiadas no comezo do “Moaña de Tapa en Tapa”.

A nova programación será a seguinte. O venres, 6 de abril, en A Camelia, Alén e Cibeles con “2 con 2”; o sábado, 7 de abril, en O Palito, con “Pepe Chiné”; o venres, 13 de abril, en A Camelia, Alén e Cibeles co “Grupo Ámbar”; o sábado, día 14, en O Canario con “Sergio Ariel”; e por último, o venres, 20 de abril, no 14 de maio coa música de “Al Vila”.

O roteiro de tapas mantén os prezos (2,50€) por tapa, o horario (de 20:00 a 23:00 horas) e os petiscos inicialmente previstos.

Como queda o "De Tapa en Tapa"?

Salir de la versión móvil