A Clásica de Vigo presenta este xoves no Auditorio Municipal "Ventos do Clasicismo"

Imagen de la Orquesta Clásica de Vigo en un concierto // OLALLA LOJO

Publicidad

A Clásica inicia a tempada de outono – inverno este xoves 28 de setembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vigo co concerto ‘Ventos do Clasicismo’. Coa temporada de ‘Son propio’, a orquestra quere poñer o foco no clasicismo cunha ollada ampla para construír presente. Así, pretende dar unha volta ás súas ideas esenciais, reflexionando sobre as distintas correntes e autores con obras que exceden os seus límites e chegan aos nosos días.

Neste primeiro concerto, a Clásica mostrará a diversidade e riqueza sonora da sección de vento cun programa que partirá da obra de Haydn, con arranxos propios, para chegar ao Beethoven que sentará as bases para a música de vento que coñecemos hoxe. A través da súa ollada, ofrecerá a escoita dos románticos Schubert e Strauss.

Venda de entradas

As entradas para o concerto ‘Ventos do Clasicismo’ están á venda na web de Ataquilla a 10 euros e a cinco euros para menores de 16 anos. As entradas na billeteira xusto antes do evento tamén custarán cinco euros para menores de 30 anos.

Programa do concerto

Salir de la versión móvil